FORMALIZACIÓN MATRICULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022 sticky icon

O prazo para a formalización da matrícula do alumnado admitido no vindeiro curso 2021/2022 comezará o luns 21 e rematará mércores 30 de xuño (ambos incluídos)

 

Achéganse os seguintes arquivos para a súa presentación.

1. Nota informativa

2. Impreso matrícula.

3. Autorización para recoller ao alumn@

4. Solicitude de praza no autobús

5. Tríptico (soamente para o alumnado de 4º infantil)

 

INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º E 4º DE EP DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS sticky icon

Os libros do Fondo Solidario recolleranse na Secretaría do centro os días:

 

- 21 de xuño de 2021,  os de 3º EP.

- 22 de xuño de 2021, os de 4º EP.

 

Administración.

 

INFORMACIÓN DA ANPA ATHENEA SOBRE A RECOLLIDA DOS LIBROS DE 4º EP sticky icon

Comunicación da ANPA ATHENEA sobre a recollida dos libros de 4º de EP.

 

Recolleranse os libros o día 22 de 9:30 a 12:00h.

 

* Se algún dos pais quixera doar os libros de texto de 3º EP, tamén serán recollidos nese mesme día.

 

Gracias.

ANPA ATHENEA

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022 sticky icon

No arquivo adxunto e no taboleiro da entrada do centro poderán consultar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL sticky icon

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2021/2022

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes é dende o 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 ambos inclusive.

  • Será necesario presentar, unha única solicitude por familia para irmás escolarizados no mesmo educativo.

 

Arquivos que se adxunta:

 * Anexo I. (Solicitude)

 * Anexo II. (Comprobación de datos dos membros computables da unidade Familiar)

 * Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

 

RESERVA E SOLICITUDE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022 sticky icon

Os usuarios do servizo de transporte deberán cubrir e entregar o impreso, enviado a través do alumnado usuario do servizo, en secretaría antes do venres 21 de maio. No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.

As novas solicitudes deberanse entregar tamén na secretaría do centro antes do venres 21 de maio. O impreso está dispoñible a través da páxina web do centro no apartado Secretaría.

A Dirección

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVO DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022 sticky icon

Anunciase que as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido para o próximo curso 2021-2022, esta publicado no tablón de anuncios do centro e telematicamente a través da aplicación admision alumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

4º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, ADMITIDAS.

5º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo ADMITIDAS. 

6º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, ADMITIDAS.

 

1º Educación Primaria -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo ADMITIDAS. 

 

4º Educación Primaria -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo,  NON ADMITIDAS POR NON EXISTIR PRAZAS VACANTES.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022 sticky icon

Anunciase que as listaxes provisionales do alumnado admitido para o próximo curso 2021-2022, esta publicado no tablón de anuncios do centro e telematicamente a través da aplicación admision alumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

 

4º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, PROVISONALMENTE ADMITIDAS.

5º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, PROVISONALMENTE ADMITIDAS. 

6º Educación Infantil -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, PROVISONALMENTE ADMITIDAS.

 

1º Educación Primaria -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, PROVISONALMENTE ADMITIDAS. 

4º Educación Primaria -- Todas as solicitudes tramitadas en prazo, PROVISIONALMENTE NON ADMITIDAS POR CARECER DE PRAZAS VACANTES.

 

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR CURSO 2020/2021 sticky icon

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro. O seu código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar, seralle proporcionado polo centro e serve só para evitar que xente allea ao centro entre na aplicación, pero non serve para identificalo a vostede. A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con el ou precisase un novo pode poñerse en contacto coa dirección do centro.
Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

Tamén poden cubrir esta enquisa o alumnado de 5º e 6º de primaria, e o persoal docente e non docente.

MOI IMPORTANTE: O prazo comeza o día 12 de abril e remata o 29 de abril de 2021 (ambos inclusive)

Nas seguintes ligazóns pódese acceder ao formulario para a recollida de datos:

 

- PARA AS FAMILIAS.

- PARA O ALUMNADO DE 5º E 6 DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

- PARA O PERSOAL DOCENTE.

- PARA O PERSONAL NON DOCENTE.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO sticky icon

Listaxe provisional de alumnado admitido no centro escolar CEIP P. CARDEAL QUIROGA PALACIOS.

  

Curso

Total de solicitudes

Admitidas Provisionalmente

Excluídas Provisionalmente.

Baremo

4º Infantil (3 anos)

49

49

0

Non hai que baremar

5º Infantil (4 anos)

2

2

0

Non hai que baremar

6º Infantil (5 anos)

2

2

0

Non hai que baremar

1º Educación Primaria

2

2

0

Non hai que baremar

4º Educación Primaria

3

0

3

----

 

  • Nos cursos 4º Infantil, 5º Infantil, 6º Infantil e 1º de Educación Primaria están todas as solicitudes admitidas provisionalmente.

  • No curso de 4º de Educación Primaria as solicitudes quedan provisionalmente excluídas por non existir prazas vacantes no centro.

 

A dirección do centro.