Skip to Content

XVI Semana do Libro e a Lectura de Carballo 2023

Estimadas familias: A semana do 24 ao 30 de abril celébrase a "Semana do Libro e a Lectura de Carballo 2023". Nos arquivos adxuntos podedes ver con detalle as actividades programadas por parte do Concello de Carballo, que se desenvolverán na Biblioteca "Rego da Balsa". Para poder asistir ás actividades, que son gratuítas e abertas ao público, é necesario realizar reserva de convite xa que teñen aforo limitado. As actividades correrán a cargo de: Inventi Teatro ("As palabras perdidas"), Pakolas ("Rockeando con Ramona Pequena"), Títeres Alakrán ("Circo Galaico"), Vero Rilo ("Outra vez!") e o Mago Marco ("Maxia para soñar"). Agardamos que vos animedes a participar coas vosas fillas e fillos e lembrade que debedes chamar á biblioteca para reservar a vosa praza e garantir así que ides ter un sitio reservado para poder gozar das estupendas propostas que ofrece a Biblioteca "Rego da Balsa" este ano. Un saúdo. O equipo directivo. 

AdxuntoTamaño
PROGRAMA - SEMANA DO LIBRO E A LECTURA DE CARBALLO - 2023.pdf1.32 MB
VOLANTINA - SEMANA DO LIBRO E A LECTURA DE CARBALLO - 2023.pdf1.55 MB
CARTEL- SEMANA DO LIBRO E A LECTURA DE CARBALLO - 2023.pdf613.37 KB


page | by Dr. Radut