Skip to Content

Fálame moito e ben

Estimadas familias: Este mércores, 8 de marzo, ás 18:00h, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo achega á Biblioteca Rego da Balsa un obradoiro sobre cando e como estimular a linguaxe nun contexto coma o noso, onde conviven dous idiomas. O obradoiro será impartido pola psicóloga Raquel Bello Varela, do equipo Oikos, e incluirá diferentes materiais con actividades destinadas a estimular a adquisición lingüística nas crianzas, xogos e cancións.

A duración aproximada será de 90 minutos.

Público ao que está destinado o obradoiro: Adultos educadores e familiares que esperen unha crianza ou que teñan unha de ata 6 anos.

Incricións: Capacidade limitada, con inscrición telefónica previa, desde as 10:00h da mañá, no 981.758.580.

Acceso: Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.

Rógase puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Actividade ofrecida en colaboración co Servizo de Normalización LingUística do Concello de Carballo no marco do Programa APEGO.

Que é o programa APEGO? É un programa colectivo creado para axudar a socializar en galego aos nenos e nenas desde o nacemento ata os 6 anos de idade. É un proxecto dos Servizos de Normalización Lingüística de diferentes concellos de Galicia e da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua Galega. Para máis información sobre este programa, podedes chamar ao teléfono 981.704.100, extensión 2750.

 

AdxuntoTamaño
Fálame moito e ben.png169.06 KB


page | by Dr. Radut