Skip to Content

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (IES Isidro Parga Pondal)

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no IES Isidro Parga Pondal.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación http:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1.Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitude ->Reserva ->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerá unha mensaxe onde descargar a solicitude e o anexo I Bis que haberá que presentar no centro, así como o xustificante co código da solicitude. 

2.Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes ->Reserva ->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo, neste caso acompañado do número de código da solicitude.

3.Cubrir a solicitude (Anexo I e Anexo I-bis) manualmente con letras maiúsculas e presentala asinada presencialmente no centro.

IMPORTANTE: Deberase solicitar cita previa con Secretaría para calquera xestión vinculada coa solicitude de admisión. 

AdxuntoTamaño
ADMISIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - 2023-2024.pdf1.23 MB


page | by Dr. Radut