Estimadas familias: A produtora de televisión Tex45 Producións está a desenvolver un documental chamado "Coa terra nas mans" sobre a pataca de Cosirtanco, en colaboración co Concello de Coristanco e a Deputación da Coruña. Todas aquelas familias que estean interesadas en colaborar co documental poderán facelo de distintos xeitos e achegando diferentes tipos de documentos: fotos antigas da vida no rural e da "Festa da Pataca", ilustracións creativas sobre o "Mundo da pataca", textos explicativos relacionados co tubérculo, os traballos que leva consigo o seu cultivo, se nos domicilios do alumnado ou familiares se dedican a cultivar a pataca, debuxos sobre o traballo no rural e as súas peculiariedades e costumes... Textos que recollan lembranzas curiosas sobre a pataca, a súa festa conmemorativa, as posibilidades que ofrece o tubérculo para formar parte de infinitos pratos que forman parte do menú habitual de moitos galegos e galegas e, por suposto, dos visitantes que se achegan a Galicia a degustar os exquisitos pratos cos que nos agasallan os numerosos locais dedicados á gastronomía que se espallan por todo o territorio. Podedes enviar as vosas achegas ao correo: APATACADECORISTANCO@GMAIL.COM. Deixamos nos documentos adxuntos información que nos fixo chegar a produtora sobre os apeiros de labraza, o ciclo do cultivo da pataca e o documental. A estrea do documental completo terá lugar o vindeiro 30 de decembro na web: www.coaterranasmans.com. Para información sobre o proxecto podedes contactar no teléfono 626.718.306. Un saúdo. O equipo directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COA TERRA NAS MANS - INFORMACIÓN DO PROXECTO.pdf | 18.92 MB |
COA TERRA NAS MANS - INFORMACIÓN APEIROS DE LABRANZA.pdf | 10.89 MB |
COA TERRA NAS MANS - INFORMACIÓN - CICLO DA PATACA.pdf | 18.46 MB |