Estimadas familias: A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesioanl e Universidades publicou no DOGA nº 196, do venres 14 de outubro de 2022 a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde de 29 de abril de 2022. Podedes consultar o documento completo no adxunto. Para poder retirar os vales das axudas é necesario que se persoen no colexio os pais/nais/titores dos/das alumnos/as beneficiarios/as e no caso de non poder vir ningún dos proxenitores poderán autorizar a outra persoa indicando no texto da autorización que debe entregar no centro: o nome completo, o DNI e a relación coa persoa autorizada. Os vales para material entregaranse nas horas de atención ao público de Xefatura e de Secretaría. Seguindo as instrucións da Consellería NON se emitirán duplicados dos vales e deberán ser empregados, preferentemente, antes do 1 de decembro de 2022. Un saúdo. O equipo directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RESOLUCIÓN DO 5 DE OUTUBRO DE 2022 DE CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.pdf | 449.26 KB |