Skip to Content

COMEZO DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Aproveitamos para darvos a benvida ao novo curso escolar. Queremos indicarvos os horarios desta semana

XOVES 10 DE SETEMBRO : 9:30 A 15:30 H . Con comedor e transporte.Se incorporan os cursos de 4º e 5º de Educación Infantil , 1º,2º e 3º de Educación Primaria.

IMPORTANTE: CONVOCATORIA DE FOLGA

Este día, 10 de setembro , hai unha folga xeral convocada para as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.

O CLAUSTRO DO CEIP CANOSA-RUS, na súa inmesa maioría,   decidimos acollernos á Folga do día 10 de setembro de 2020, polo que no centro  haberá os servizos mínimos establecidos na Orde do 8 de setembro de 2020, pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 10 de setembro de 2020.

A ANPA do centro apoia ao 100% esta convocatoria de folga.

VENRES 11 DE SETEMBRO : 9:30H A 15:30 H. Con comedor e transporte.Este día  se incorporarán todos os grupos de 4º de Educación Infantil a 6º de Educación Primaria.

Todo o alumnado que non se quede ao comedor debe notificarllo ao titor/a e o alumnado que non utilice transporte tamén debe notificalo tanto ao colexio como ás acompañantes de transporte.

TRANSPORTE ESCOLAR

Con respecto ao servizo de  transporte, este curso pasa a ser xestionado  pola Consellería de Infraestruturas e Obras, polo que o transporte será integrado coas liñas regulares de viaxeiros. Recomendamos que esteades nas parades un pouco antes para calcular á hora de saída e chegada dos autobuses.Durante os primeiros días a empresa será a mesma ca do curso pasado. Dentro dunhas semanas o transporte será integrado nunha UTE ( Unión Temporal de Empresas).

Todo as familias que solicitaron as autorizacións excepcionais de transporte, teñen as ditas solicitudes AUTORIZADAS. Polo que xa poderán usar o transporte desde o 1º día de clase.

COMEDOR ESCOLAR

Este ano, por mor do COVID, vémonos na necesidade de facer dúas quendas de comedor.

Na 1º quenda sempre comerá o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Na 2º quenda comerá o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación primaria. Durante o mes de setembro a 1º quenda comerá ás 13:30 h e a 2º quenda ás 14:30 h.

Para calquera aclaración , estamos a vosa disposición no centro.

O equipo directivo



page | by Dr. Radut