Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO E REUNIÓNS VARIAS

 Estimadas  familias:

Ao longo destes días iremos poñendo diferentes informacións   nesta páxina web para que poidades ter o maior coñecemento posible de como vaise  a desenvolver o  presente curso escolar. Os titores/as poñeranse en contacto con vós para explicarvos algunhas cuestións.

Polo momento estamos traballando no "Plan de adaptación á situación  COVID 19 para o curso 20-21". Estamos en revisións constantes polas modificacións que temos que facer diariamente.

Aproveitamos para deixarvos a información da  recollida de libros de 3º a 6º de EP.

RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º A 6º DE EP: VENRES 4 DE SETEMBRO:

Esta recollida levarase a cabo o vindeiro venres días 4. Farase no patio cuberto de diante e en diferentes quendas. Lembrade que debedes esperar fóra do patio cuberto, mantendo as distancias recomendadas ( mínimo 1,5m) entre persoas e facer uso de máscaras. Debedes vir unha persoa por familia. A  mestre ou mestre que reparta os libros irá dándovos paso. As quendas son as seguintes:

4ºB- Recollen de 9:30h a 10:30h

5ºEP- Recollen de 10:30h a 11:30h

4ºA- Recollen de 11:30h a 12:30h

3ºEP- Recollen de 12:30h a 13:30h

6ºEP- Recollen de 13:30h a 14:30h

*Toda aquela familia que non recollese o cheque de material, o levará este día tamén.

IMPORTANTE ACLARACIÓN SOBRE OS LIBROS DE TEXTO NO COMEZO DE CURSO:

Ningunha familia ten que traer os libros para o cole os primeiros días do curso. Os nenos/as de Educación Primaria ( de 1º a 6º )  virán o 1º día de curso cunha mochila que conteña: un lapis ou bolígrafo,  unha goma, unha axenda e as máscaras que especificaremos nos próximos días   ( unha posta e unha de recambio). As mestras/es irán pedíndolles pola axenda os libros que os nenos/as terán que traer cada día da casa.

Por mor da situación actual , as familias non poderán entrar ao colexio, como norma xeral, salvo causas xustificadas.

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO:

Esta semana faremos dúas reunións, unha coas familias de 3 anos ( xoves 3 , ás 12:30) e outra cas familias de 4 anos ( venres , 12:30h). Faranse no ximnasio , coas medidas hixiénicas pertinentes. Debe vir unha persoa por familia e sen nenos/as.

O resto dos cursos, polo momento seredes informados por vía telefónica, abalar e por esta páxina web. Faremos reunións presenciais, se é posible, a semana do 14 ao 21 de setembro polas tardes. Concretaremos datas proximamente.

Tamén colgaremos nos próximos días a data do comezo das clases para cada grupo e o horario do 1º día.

Un saúdo de parte de todo o claustro do CEIP Canosa-Rus

 



page | by Dr. Radut