Aberto o prazo para solicitar plaza para o comedor para o vindeiro curso 2020/2021. Achéganse os documentos necesarios para a súa solicitude.
As solicitudes e autodeclaracións pódense cubrir e entregar no centro ou envialas ao correo do colexio ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, poñendo no asunto: nome e apelidos do alumno/a- Solicitude de comedor ata o venres 3 de xullo de 2020. Por favor, lede con atención a información incluída na solicitude, xa que ahí explícase todo.
Para as familias que desaxades entregar os documentos no centro, debido a organización do mesmo, priorizamos a entrega para os seguintes días. Nestes días tamén podedes entregar as solcitudes de transporte que colgaremos nesta páxina web.
- Xoves 25 de xuño: de 9:30 a 14:30 - 4º e 5º de educación primaria ( deste ano)
- Venres 26 de xuño: de 9:30 a 14:30 - 1º, 2º e 3º de educación primaria ( deste ano)
- Mércores 1 de xullo : de 9:30 a 14:30- 4º, 5º e 6º de educación infantil ( deste ano)
- As familias de nova incorporación ao centro , traerán estes documentos o día que veñan a formalizar matrícula. Chamaremos dende o colexio para darlles cita a estas familias entre o día 1 e o 10 de xullo.
- As familias que queiran pasar a recoller as solcitudes e autodeclaracións ao centro, poden facelo en horario de mañá, etre ás 9:30 e as 14:00h. O mércores 24 o centro permanecerá pechado por ser festivo en Galicia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR 2020-2021 E INFORMACIÓN IMPORTANTE.pdf | 105.04 KB |
AUTODECLARACIÓNS COMEDOR 2020-2021.pdf | 879.73 KB |
Instrucións para cubrir as autodeclaracións.pdf | 473.85 KB |