Estimadas familias:
Agora si que chega o final de curso. Este venres 19 e xuño remata a actividade lectiva ata setembro e entregaremos as notas polo abalarMóbil. Por este motivo esta última entrega de tarefas xa son recomendacións por parte das titoras e titores e por parte das mestras especialistas. Lede ou escoitade con atención todo o que as mestras e mestres teñen que decirvos!
Leoteca pola súa banda tamén quere despedirse de todos nós dándolle as gracias aos nenos e nenas por enviarlle tantas cousas bonitas durante estes meses. Está desexando volver a biblioteca chea de rapazada ! Mentres tanto colgou no seu blog unhas recomendacións de lecturas de cara ao verán moi interesantes. As podedes atopar no seguinte enlace:
Todos os mestres/as do cole queremos dar unha vez máis as GRACIAS ao noso alumnado por ser os verdadeiros campións e campioas , por estar na casa e seguir dándonos tanto cariño a través dos correos, das mensaxes, das chamadas, das vídeo conferencias... por seguir traballando e enviándonos cousas tan bonitas, por ser tan valentes e darnos unha lección aos adultos , por tantas cousas ...GRACIAS DE CORAZÓN! E GRACIAS ás familias por todo o voso admirable traballo nestes meses. Agora máis que nunca o cole e as familias somos un gran equipo que ten que remar unido. As mestras e mestres do CEIP Canosa-Rus estamos e estaremos a vosa disposición para o que necesitedes . Temos moitísimas ganas de volver a estar cos rapaces e rapazas nas aulas, de volver a estar no noso lugar coa cercanía que o noso traballo require.
Durante esta semana estade moi atentos/as a páxina web do cole , sobre todo o alumnado de 6º de EP por si atopades algunha sorpresiña…
Para cubrir as solicitudes de comedor e transporte daremos aviso por esta páxina web tan pronto saían as instrucións pertinentes.
Tamén tedes na seguinte entrada unha enquisa para as familias ( online) moi sinxela de cubrir e de enviar. Agradeceríamos que a cubran o máximo número de familias posibles para poder mellorar no que faga falta como centro e como comunidade educativa.
Moitísimas gracias pola vosa colaboración, GRACIAS!
Aquí deixamos as recomendacións de cara ao verán.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
EDUCACIÓN INFANTIL ( 3, 4 E 5 ANOS).pdf | 386.08 KB |
1º EDUCACIÓN RIMARIA .pdf | 29.17 KB |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA .pdf | 54.91 KB |
3º A E 3º B EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf | 10.95 MB |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf | 183.15 KB |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf | 324.83 KB |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf | 172.83 KB |
INGLÉS. 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA..pdf | 276.36 KB |
EDUCACIÓN FÍSICA. 1º A 6º EP..pdf | 606.33 KB |
MÚSICA. 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA..pdf | 132.23 KB |
RELIXIÓN. EI E 1º A 6º EP..pdf | 1.05 MB |