Estimadas familias:
Xa estamos chegando ao final deste curso tan diferente! Non queda nada! Esta semana colgamos por última vez as tarefas, xa que a próxima semana publicaremos unhas recomendacións de cara ao verán para cada curso. O día 19 rematarán “ as clases” e a actividade lectiva, e ese mesmo día recibiredes as notas dos vosos fillos/as por ABALAR.
Estes meses están sendo toda unha aventura, por momentos algo dura, que ninguén de nós podería chegar nunca a imaxinarse. Damos as gracias a cada familia, aínda que todavía non chegou a despedida , polo grandísimo esforzo que estades a facer. Damos as gracias a cada neno e nena polo valentes que son e a gran lección que nos dan día a día. E en especial hoxe , dende o claustro de mestres/as, queremos facer unha mención especial ao noso alumnado de 6º de Educación Primaria por ter que despedirse do CEIP Canosa- Rus deste xeito tan inxusto para eles/as despois de tantos anos no cole. A estas alturas do curso teríamos que estar con despedidas no cole, no comedor, nos patios, na biblioteca... Os mestres e mestras non nos esquecemos de ningún de vós e tan pronto se poida gustaríanos despedirvos como ben merecedes. Mentres tanto, MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!
A continuación deixamos os arquivos coas últimas tarefas de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana:
do 8 ao 14 de xuño.
Os arquivos están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.
Unha aperta moi grande de parte de todo o profesorado para todas as familias !