Estimadas familias:
Como estades? Esperamos que sigades todos e todas moi ben!
A continuación deixamos os arquivos coas tarefas de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana:
do 11 ao 17 de maio .
Os arquivos están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.
Esta é unha semana especial, xa que o 17 de maio é o día das Letras Galegas, e aínda que a celebración non a poderemos facer no cole, propoñémosvos algunha actividade dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega que veñen explicadas nas tarefa. Podedes acceder a seguinte entrada que hai no blogue de Leoteca . Animádevos a participar nas actividades do Seminario Galán que se explica na seguinte entrada ( dende educaciòn infantil ata 6º EP). Tamén podedes participar deste día facendo un debuxo co retrato ou caricatura do autor e enviarllo as vosas mestras/es para que poidamos facer un pequeno vídeo con estes debuxos.
https://bibliocanosa.blogspot.com/2020/04/dia-das-letras-galegas.html
Seguide así que xa queda menos para vernos! Unha aperta moi grande de parte do claustro de Mestres/as.
Aquí están a proposta de tarefas para esta semana, moito ánimo!