Estimadas familias:
O primeiro, dende o claustro de profesorado, desexamos que todas as familias continuedes ben. Enviámosvos moito ánimo, esperamos poder vernos pronto!
Aquí deixamos a proposta de tarefas para esta semana, de luns 20 ao venres 24.
As tarefas están divididas como a semana pasada por titorías e especialistas. Lembrade que tedes que ler as da vosa titoría e a dos especialistas que vos correspondan ( educación física para primaria , inglés para primaria , música para primaria e relixión para todo aquel que vaia a esta materia de infantil e primaria ). Lede atentamente toda a información e se tedes dúbidas podedes contactar con nós a través do abalarMóbil ou do correo electrónico de cada mestre /a .
Dende o cole somos conscientes do gran esforzo que estades a facer cada día o alumnado e as familias e vos felicitamos unha vez máis polo voso traballo. Estamos moi orgullosos/as de todos vós. A nosa labor e intentar acompañarvos nesta situación e intentar facilitarvos as cousas e por eso estamos a vosa disposición, entre todos/as levarase un pouco mellor. Se algo non o poden facer ou non lles da tempo, non pasa nada, con calma.
Esta semana, como novidade, e dado que o xoves 23 é o día do libro, Leoteca proponnos uns pequenos retos moi divertidos... moi atentos ao que explica cada mestra/e e ao blogue de “Leoteca en Rus”!
Moito ánimo ! E a por unha nova semana! Aquí están as tarefas, só tedes que picar enriba delas para abrilas.
Unha gran aperta virtual . O claustro de mestre/as.
TAREFAS PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL DE 2020