Skip to Content

Axudas becas comedor do Concello de Carballo.

Esta mensaxe vai dirixida ao alumnado do concello de Carballo que ten bolsas de gratuidade total de comedor escolar,é dicir, que non pagan o comedor. O concello de Carballo, segundo a normativa vixente polo estado de alarma, dará uns cheques de 60 euros por neno e por mes mentres dure a suspensión de comedor escolar.

Para obter ese cheque debedes cubrir os vosos datos na circular que se adxunta  e enviala ao correo do cole: ceip.canosa.rus@edu.xunta.es canto antes e como data máxima o luns 30 de marzo ás 14:00h .Xuntamos o papel a cubrir en word e pdf para que cada familia o cubra como lle sexa máis fácil. Unha vez que recibamos o correo  o centro enviará os vosos datos ( nome e DNI) a asuntos sociais de Carballo e vos comunicaremos o día e a hora do reparto dos cheques . Un saúdo . A dirección do centro. 

 

AdxuntoTamaño
Becas comedor para cubrir familias.doc16.5 KB
Becas comedor para cubrir familias.pdf52.11 KB


page | by Dr. Radut