Skip to Content

ENTROIDO 2020

Co motivo da conmemoración do Entroido imos realizar no centro diferentes actividades.

Decoración da entrada con sombreiros de papel:

Por unha banda queremos que o alumnado forme parte da decoración da entrada. Cada neno e nena deberá traer da casa un sombreiro de papel (cun fío para colgalo) elaborado con materiais de refugallo e decorado de xeito libre. Para que sexa máis doado a súa elaboración podedes consultar o blogue de Leoteca onde tedes varios vídeos para poder realizar os vosos sombreiros.

https://bibliocanosa.blogspot.com/2020/02/creando-os-nosos-gorros-de-papel.html

A MECA MARIÑEIRA:

Do 17 ao 20 de febreiro teremos á meca no centro, e este ano estará relacionado co mar, por ser esa a temática do noso PDI. Nas seguintes liñas indícansevos as prendas que os nenos e nenas deben traer cada día:

Eu son a mariñeira do entroido,
MECA fágome chamar.
Obedece as miñas ordes,
se unha catarreira non queres papar
e no mar queres traballar.
Luns, para a semana ben comezar algo no pescozo deberás levar.
Se o martes queres pásalo ben na escola,  deberás traer algo na cachola.
O mércores se da casa queres saír,  algo impermeable debes vestir.
O xoves todo traerás e na man un barco de papel levarás.

A FESTA: O ventes 21 de febreiro toca disfrazarse de “Amar o mar”.

O venres 21 de febreiro os nenos e nenas virán disfrazados da casa, a poder ser de algo relacionado co noso proxecto: animais mariños,   redeiras , mariñeiras/os, fareiros/as , faros, héroes e heroínas do mar, piratas, buzos, sereas, barcos, deportistas de mar…

Ese mesmo día, o 21 de febreiro, teremos xornada reducida ( 9:30 h a 12:30 h) e contando coa vosa colaboración, levaremos a cabo unha degustación con produtos típicos do Entroido (entre outras actividades). Ese día non haberá comedor escolar e o transporte sairá ás 12:30 h do centro.

Dende o centro , solicitamos a colaboración das familias, un ano máis, para a elaboración dos produtos típicos do entroido que poderedes  traer o mesmo día 21 entre ás 9:15h  e 10:15 h e deixalos no comedor escolar. 

Agardamos a vosa colaboración e a vosa asistencia o día 21 de febreiro a partir das 10:30 h da mañá para desfrutar do pasarrúas e da degustación! Grazas de antemán pola vosa colaboración ! 

 



page | by Dr. Radut