Skip to Content

XOGADE: CAMPO A TRAVÉS

O pasado venres 11 de xaneiro, disputouse a “Fase Comarcal” de Campo a Través dentro do programa Xogade, no que o noso centro participa para desenvolver varias actividades deportivas.

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria acudiron nesta primeira fase á que asistiron un total de 800 nenos e nenas de distintas idades e diversos centros educativos de varios concellos pertencentes á costa da morte.

A carreira disputouse no estadio municipal de Cee e foi unha mañá de convivencia na que todos os participantes se esforzaron para acadar a mellor posición dentro das súas posibilidades.

No que se refire ao CEIP Canosa-Rus, o noso compañeiro Tes Chao Rama acadou unha magnífica 4ª posición que o levou á “Fase Intercomarcal” que se disputou o pasado venres día 25 en Porto do Son. Con moita ilusión e competindo contra centros educativos e clubes, Tes volveu a lograr unha moi boa posición que o leva a disputar a seguinte fase destas carreiras de Campo a Través: “A FASE PROVINCIAL”. A próxima será o vindeiro sábado día 2 de Febreiro en Ferrol. Alí competirá principalmente con outros nenos tanto de clubes coma de colexios de toda a provincia da Coruña. Felicidades Tes!!! E moito ánimo para a seguinte fase. Seguro que o fas moi ben; e sobre todo...a seguir mellorando. Chegar ata esta fase xa é todo un éxito. Parabéns!!

 



page | by Dr. Radut