Este venres 9 de febreiro do 2018, celebrarase o entroido no Ceip Canosa-Rus. Este día a xornada será reducida, de 9:30 a 12:30.
Lembrade que as familias podedes colaborar coa degustación de produtos típicos de entroido .Podedes deixar os produtos no comedor do colexio a partir das 9:15 h da mañá.
Estades todos/as convidados/as a participar nesta xornada de convivencia a partir das 10:30h da mañá, cando os nenos/as saian ao pasarrúas, agás as nais e pais de 5º e 6º de Primaria, que poden vir ás 9:45 horas para ver a actuación dos seus fillos/as no ximnasio do "Acrosport Lendario".
As actividades previstas serán as seguintes:
9:30 h-Chegada. Xa virán disfrazados/as da casa, agás o alumnado de de 5º e 6º de Educación Primaria que se difrazarán despois da actuación.Poden traer os disfraces o día antes ou ese día nunha bolsa.
9:50 h –Actuacións no ximnasio de Acrosport, por parte dos nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.
10:30 h- Pasarrúas por fóra do colexio.( Se chove, desfilarán no ximnasio).
11:20 h- Degustación de produtos típicos do entroido e chocolatada no patio cuberto de diante. Música no ximnasio para desfrutar tod@s xunt@s.
12:30 h- Saída.
Importante:
Os buses farán o seu servizo de xeito normal, tanto a entrada como a saída ( 9:30 a 12:30). Non haberá servizo de Comedor Escolar este día.
Para unha boa organización á hora da saída, se algún pai ou nai quere levar ao seu fillo/a, e non van nos autobuses, deberán avisar tanto ás acompañantes dos autobuses, coma no centro ao seu titor/a ou a alguén do Equipo Directivo.
Rogamos que as familias que veñan en coches particulares, non obstaculicen aos autobuses e estacionen onde non sexa perigoso para os nenos/as.
Lembramos que as clases reanudaranse o xoves 15 de febreiro