Skip to Content

Plan Proxecta:Aliméntate ben.Pequenos cociñeir@s.

Este ano participamos no Plan Proxecta Aliménte ben. Este Plan ten como obxectivo principal fomentar nos nenos/as uns hábitos de alimentación saudable a través  do comedor escolar e de diferentes actividades realizadas nas titorías. 

Como primeira iniciativa solicitamos ás familias e aos mestres que quen quixera e puidese , enviara unha cabaza da súa propia horta. Xuntamos moitas cabazas.Grazas, familias!

O mércores  4 de novembro, os nenos/as de 1º e 2º de EP aprenderon como se fai unha crema de cabaza e doutras verduras a través dun obradoiro  levado a cabo no comedor do centro xunto as súas titoras e Rosa, a nosa cociñeira. Ao día seguinte explicáronlle ao resto dos compañeiros/as do colexio como se elabora unha crema de cabaza con verduras.

 Con esta actividade os nenos/as puideron ver que as cabazas non son soamente un elemento decorativo nestas datas, senon que tamén é un alimento rico en vitaminas e minerais.

Aquí deixamos algunha foto do obradoiro. Grazas Rosa  pola túa colaboración!

                    

  

                    

 



page | by Dr. Radut