Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025 PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos os dous incluídos.

 

MODO DE PRESENTACIÓN:

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica polos pais, nais, os titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. da presente Orde a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Poderánse empregar mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede elctrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros edcuativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.

- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro, en horario de atención ás familias de secretaría.

LUNS: de 9:30 a 10:20 e de 15:25 a 16:15

MARTES: de 9:30 a 11:00

XOVES: de 9:30 a 10:20

VENRES: de 14:35 a 16:15

 

*Ao final deste aviso poderedes descargar o Anexo I e o Anexo II.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. Solicitude (Anexo I)

2. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, donde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

*No caso de non poder facelo a través dos medios anteriores, poderase acreditar o número de membros computables utilizando os seguinte medios: certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente ao concello onde resida a familia.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribuación da custodia do/da menor.

4. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquer membro da familia expedido na Administración autonómica.

5. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artígo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

6. Documentación xustificativa da situación de violéncia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

7. Documentación xustificativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

8. No caso de que o pai e nai carezcan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade famliar a 31 de decembro de 2022.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servicios sociais o do órgano equivalente ao concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o tutor ou titores carezcan de DNI e NIE.

9. Outra documentación.

 

  • Resolución provisional: 12 de xullo. Avisaremos nesta web e se publicarán os resultados no taboleiro do centro educativo. Período de reclamación: os dous días seguintes á publicación.

  • Resolución definitiva: 26 de xullo. Avisaremos nesta web e se publicarán os resultados no taboleiro do centro educativo.

 

*NON se admitirán solicitudes fóra de prazo.

Agradecemos revisen toda a documentación e sinatura antes de entregar a solicitude no centro educativo.

Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de setembro.

AdxuntoTamaño
Anexo I e II.pdf1.88 MB
Instrucións fondolibros 2024-2025.pdf562.1 KB


page | by Dr. Radut