Skip to Content

ACTIVIDADE "CREA O TEU CADERNO"

Para este fin de semana “longo”, queremos deixarvos esta proposta de actividade elaborada polas bibliotecas municipais de Aljarafe (Sevilla), e que empregaron para a conmemoración do pasado Día do Libro.

 

Se descargades o PDF, poderedes ver unha especie de “guía” para crear un libro, e tamén variadas e divertidas actividades para facer na casa. Hai para todos os gustos e idades, por iso, e como di ao comezo do documento, se non sabes aínda ler ou escribir, podes pedir a un adulto ou irmán/irmá que che axude, ou axudalo ti…

 

E igual que di ao final do documento, se queres, cando todo isto pase, podedes traer as vosas creacións á biblioteca do cole!! Formará parte desta como unha lembranza destes días nos que fomos tan FORTES, tan VALENTES, e tan RESPONSABLES como, de seguro, o estades sendo todos e todas.

 

ANIMÁDESVOS?

 

AnexoTamaño
Crea tu propio libro.pdf2.39 MB


page | by Dr. Radut