ESTALMAT-Galicia é un proxecto que ten como obxectivo detectar ao alumnado cun talento matemático que en ocasións pode pasar inadvertido nas esferas normais do ensino e da familia. O proxecto selecciona 25 estudantes cada ano, para que desenvolvan actividades que estimulen as súas actitudes e habilidades matemáticas. Estas actividades gratuítas teñen lugar durante 20 mañás dos sábados de cada curso académico (con posibilidade de ampliar a 12 sábados nun terceiro curso), na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Non se trata de adiantar aos alumnos en contidos matemáticos do seu currículo escolar, senón canalizar o talento matemático para mellor proveito da persoa e da sociedade.
As probas de selección terán lugar o sábado día 3 de xuño de 2017 na Facultade de Matemáticas, Campus Universitario Sur, Santiago de Compostela. O alumnado interesado debe inscribirse entre o 1 e o 26 de maio cubrindo o formulario que se atopa na páxina web do proxecto ESTALMAT-Galicia (http://www.estalmatgalicia.com), ou ben enviando o mesmo formulario por correo electrónico ou postalFacultade de Matemáticas. Para máis aclaracións, consúltese o díptico de convocatoria e o documento de preguntas e respostas.