Skip to Content

Xornada gratuíta sobre TDAH

A Fundación Ingada, un instituto centrado no TDAH e trastornos relacionados, organiza o 25 de marzo un grupo de axuda mutua no que se abordará o tema "Tratamento farmacolóxico en TDAH: dúbidas, mitos e realidades". Esta xornada, de interese tanto para familias como para profesionais, é gratuíta previa inscrición no correo electrónico ingada.santiago@gmail.com. As prazas son limitadas, e serán cubertas por orde de inscrición.

A xornada, que comezará ás 18 horas, terá lugar na residencia SARquiavitae, na avenida Fernando de Casas Novoa, en San Lázaro (Santiago de Compostela).



story | by Dr. Radut