Skip to Content

Enquisa sobre convivencia

Estimadas familias:

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, o que permitiu a elaboración do Plan de convivencia do centro tendo en conta estes aspectos.

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

Por tanto, no presente curso levarase a cabo unha nova enquisa na comunidade educativa, do 3 de maio ao 22 de maio de 2023.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

 

A través da ferramenta: https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ as familias poderán participar voluntariamente, independentemente dos fillos escolarizados no centro, empregando a clave de acceso que o centro lle facilitará, creadas de xeito aleatorio, para cumprimentar a enquisa premendo no apartado "Recollida de datos para as familias(Clique aquí para acceder directamente).

As claves de acceso entregaranse ás familias desde o centro, xunto coas explicacións facilitadas para o proceso.

A todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria se lles proporcionará as súas claves para cubrir os cuestionarios no centro educativo. (Clique aquí para acceder directamente).

 

 



book | by Dr. Radut