Skip to Content

Procedemento admisión curso 2023/2024

Nesta sección hai documentación relativa ao proceso de admisión para o curso 2023-24.

  • Vacantes curso 2023-24:

o   Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes no taboleiro do centro.

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2023-24

 

 CURSO

PRAZAS

VACANTES NEAE*

INFANTIL

4º  (3 anos)

25

6

 

 

5º  (4 anos)

 27 

6º  (5 anos)

 14

 

PRIMARIA

1º  ED. PRIMARIA

11

6

 

 

 

 

 

 ED. PRIMARIA

9

3º  ED. PRIMARIA

 10

4º  ED. PRIMARIA

 3

 ED. PRIMARIA

 10

 ED. PRIMARIA

11

(*) Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no capítulo V da Orde do 12 de marzo de 2013). 

  •   Sorteo público para efectos de desempate: farase na última semana de febreiro, en todo caso, antes do 1 de marzo. Consulta aquí.

 

  •  Presentación  da Solicitude de Admisión:  Do 1 ao 20 de marzo de 2023 ( ambos  incluídos)

Será única e pódese presentar:

    •   Forma electrónica
      • Cubrir  a solicitude na aplicacion admisionalumnado e presentarase en sede electrónica (tendo certificado dixital ou chave365). IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar na aplicación).
    •   Forma presencial
      • Cubrir a solicitude na aplicacion admisionalumnado, asinar e presentala  no centro escollido en 1º lugar.
      •  Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada  na administración do  CEIP Campomaior (no caso de que sexa o 1º centro escollido)

Anexo II Descarga impreso de admisión (galego)

Anexo II Descarga impreso de admisión (castelán)

  •  Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo:

o   10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. 

  • Fóra de prazo:
    • As instancias presentadas entre o  21 de marzo e o 19 de maio (ambos incluídos) serán consideradas fóra de prazo.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE 

      • A solicitude poderá ser asinada por calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
      • Nos demais casos requirese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.

 Manual cubrir documento

 

DOCUMENTACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

  • Copia do DNI da persoa solicitante  e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta) 
  • Fotocopia do libro de familia
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial u divorcio, se é o caso

 

DOCUMENTACIÓN PARA  A BAREMACIÓN NO PROCESO DE ADMISIÓN

  • Documentación xustificativa dos criterios de baremación que se precisen alegar
    • Autoriza a consulta automática dos datos,
      • Non é necesario presentar a documentación dos seguintes criterios:
        • Domicilio fiscal  e renda per cápita da unidade familiar.
        • Condición de familia numerosa.
        • Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.
      • Presentar documentación para o resto de criterios.
    • Non autoriza a consulta automática dos datos
      • Debe presentar documentación para todos os criterios de baremación. 

 IMPORTANTE

  • RECOMENDAMOS APORTAR TODA A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN XUNTO COA SOLICITUDE, en previsión de que haxa que baremar.
  • Revisar os criterios de baremación, antes de autorizar a consulta automática dos datos, por si precisades achegar algunha documentación que aclare a situación actual nalgún dos apartados
  • De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

CRITERIOS

PUNTOS

Irmáns matriculados no centro 

 

  •  Por irmás ou irmáns matriculados no centro : puntos
  •  Para os seguintes: 2 puntos (por cada un/unha), ata un máximo de 14 puntos

Nai, pai titoras ou titores legais que traballen no centro

  • 3 puntos

Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou dolugar de traballo 

  • Domicilio familiar
    • Área de influencia:8 puntos
    • Zoas limítrofes; 4 puntos
  • Proximidade lugar de traballo
    • Área de influencia: puntos
    • Áreas limítrofes: puntos

Renda per cápita da unidade familiar, valorada por  referencia  ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)

 

  • Inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
  • Entre 0,5 e 0,75 veces o IPREM : 2 puntos
  • Igual ou superior a  0,75 veces e inferior ao IPREM : 1 punto
  • Igual ou superior ao IPREM: 0 puntos 

Por  familia numerosa

  • Familia numerosa, categoría especial: 3 puntos
  • Familia numerosa, categoría xeral: 2 puntos  

Irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, 

  • Se son dous :  8 puntos
  • Se son maís de dous: 10  puntos

Familia monoparental

  • 2 puntos

Por discapacidade igual ou superior ao 33% dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de 4 puntos

 

  • Discapacidade na alumna ou no alumno: 4 puntos
  • Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou. acolledoras, ou un novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectivade á persoa proxenitora :3 puntos
  • Calquera das irmás ou irmáns : 1 punto 

Por condición de vitima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar

  • 2 puntos

Por condición de vitima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar

  • 2 puntos

Criterio establecido polo centro educativo

  • Solicitar centro público: 1 punto 

 

DATOS DE INTERESE

  • Irmáns matriculados no centro ou no centro adscrito
    • Fotocopia do libro de familia.
    • No caso de menores en situación  de acollemento, fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.
  • Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro
    • Documento acreditativo expedido polo centro educativo.
  • Proximidade do  centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo   Na solicitude de admisión a persoa solicitante deberá indicar, para os efectos de baremo, a súa opción polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios .
    • Acreditación do domicilio familiar
      • Certificado do Padrón Municipal  (ou volante histórico de convivencia)  no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. 
      • A data de alta no domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión agás circunstancias debidamente xustificadas
      • De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
    • Acreditación do lugar de traballo
      • Traballadores/as por conta allea: documento expedido para o efecto polo empregador, xunto cunha copia do contrato de traballo.
      • Traballadores/as por conta propia: alta censal inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modifcacións posteriores e as altas na Tesouraria Xera no Réxime de Seguridade Social.
      • Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da Xefatura de Persoal correspondente.
  • Renda per cápita da unidade familiar: facer constar a cantidade correspondente a base impoñible (declaración conxunta) ou base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar (declaración individual). 
    • A tal efecto farase constar a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) do IRPF.
    • No caso de non facer declaración constarán os ingresos segundo os datos que facilite a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
    • Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao 28 de febreiro de 2022.
    • Utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual.
  • Condición de familia numerosa
    • Fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería Política Social, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación.
  • Criterio familia monoparental
    • Fotocopia do libro de familia, certifiado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.
  • Acreditación e valoración do criterio de discapacidade
    • Certificación do grao de minusvalia expedida pola Consellería de Política Social ou, se é o caso, do órgano competente doutras administrativas públicas.
AnexoTamaño
ED550B-C.pdf1.38 MB
ED550B-G.pdf1.38 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24.pdf213.31 KB


book | by Dr. Radut