Nesta sección hai documentación relativa ao proceso de admisión para o curso 2022-23.
- Vacantes curso 2022-23:
o Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes no taboleiro do centro.
POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2022-23 |
|||
|
CURSO |
PRAZAS |
VACANTES NEAE* |
INFANTIL |
4º (3 anos) |
50 |
6
|
5º (4 anos) |
22 |
||
6º (5 anos) |
11 |
||
|
|||
PRIMARIA |
1º ED. PRIMARIA |
7 |
6
|
2º ED. PRIMARIA |
9 |
||
3º ED. PRIMARIA |
3 |
||
4º ED. PRIMARIA |
13 |
||
5º ED. PRIMARIA |
12 |
||
6º ED. PRIMARIA |
4 |
(*) Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no capítulo V da Orde do 12 de marzo de 2013).
- Sorteo público para efectos de desempate: farase na última semana de febreiro, en todo caso, antes do 1 de marzo. Consulta aquí.
- Presentación da Solicitude de Admisión: Do 1 ao 21 de marzo de 2022 ( ambos incluídos)
Será única e pódese presentar:
- Forma electrónica
- Cubrir a solicitude na aplicacion admisionalumnado e presentarase en sede electrónica (tendo certificado dixital ou chave365)
- Forma presencial
- Cubrir a solicitude na aplicacion admisionalumnado, asinar e presentala na secretaría do CEIP Campomaior
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada na secretaría do CEIP Campomaior
Anexo II Descarga impreso de admisión (galego)
Anexo II Descarga impreso de admisión (castelán)
- Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo:
o 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
- Fóra de prazo:
- As instancias presentadas entre o 22 de marzo e o 18 de maio (ambos incluídos) serán consideradas fóra de prazo.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- A solicitude poderá ser asinada por calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
- Nos demais casos requirese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.
Manual cubrir documento
- Breve guía para cubrir a solicitude de admisión
DOCUMENTACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
- Fotocopia do libro de familia
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial u divorcio, se é o caso
DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN NO PROCESO DE ADMISIÓN
- Documentación xustificativa dos criterios de baremación que se precisen alegar
- Autoriza a consulta automática dos datos,
- Non é necesario presentar a documentación dos seguintes criterios:
- Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar.
- Condición de familia numerosa.
- Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.
- Presentar documentación para o resto de criterios.
- Non autoriza a consulta automática dos datos
- Debe presentar documentación para todos os criterios de baremación.
IMPORTANTE
- RECOMENDAMOS APORTAR TODA A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN XUNTO COA SOLICITUDE, en previsión de que haxa que baremar.
- Revisar os criterios de baremación, antes de autorizar a consulta automática dos datos, por si precisades achegar algunha documentación que aclare a situación actual nalgún dos apartados
- De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
CRITERIOS DE BAREMACIÓN
CRITERIOS |
PUNTOS |
Irmáns matriculados no centro |
|
Nai, pai titoras ou titores legais que traballen no centro |
|
Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou dolugar de traballo |
|
Renda per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) |
|
Por familia numerosa |
|
Irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, |
|
Familia monoparental |
|
Por discapacidade igual ou superior ao 33% dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de 4 puntos |
|
Por condición de vitima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar |
|
Por condición de vitima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar |
|
Criterio establecido polo centro educativo |
|
DATOS DE INTERESE
- Irmáns matriculados no centro ou no centro adscrito
- Fotocopia do libro de familia.
- No caso de menores en situación de acollemento, fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.
- Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro
- Documento acreditativo expedido polo centro educativo.
- Proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo Na solicitude de admisión a persoa solicitante deberá indicar, para os efectos de baremo, a súa opción polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios .
- Acreditación do domicilio familiar
- Certificado do Padrón Municipal (ou volante histórico de convivencia) no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.
- A data de alta no domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión agás circunstancias debidamente xustificadas
- De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
- Acreditación do lugar de traballo
- Traballadores/as por conta allea: documento expedido para o efecto polo empregador, xunto cunha copia do contrato de traballo.
- Traballadores/as por conta propia: alta censal inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modifcacións posteriores e as altas na Tesouraria Xera no Réxime de Seguridade Social.
- Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da Xefatura de Persoal correspondente.
- Renda per cápita da unidade familiar: facer constar a cantidade correspondente a base impoñible (declaración conxunta) ou base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar (declaración individual).
- A tal efecto farase constar a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) do IRPF.
- No caso de non facer declaración constarán os ingresos segundo os datos que facilite a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao 28 de febreiro de 2022.
- Utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual.
- Condición de familia numerosa
- Fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería Política Social, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación.
- Criterio familia monoparental
- Fotocopia do libro de familia, certifiado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.
- Acreditación e valoración do criterio de discapacidade
- Certificación do grao de minusvalia expedida pola Consellería de Política Social ou, se é o caso, do órgano competente doutras administrativas públicas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
manual_familias_admision_v05.pdf | 175.06 KB |
ED550B-CASTELLANO_0.pdf | 1.32 MB |
ED550B-GALLEGO_0.pdf | 1.31 MB |
NOTA INFORMATIVA DO CENTRO.pdf | 261.16 KB |