O prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no centro de adscrición (IES Maruxa Mallo) será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ámbolos dous incluídos.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da seguinte aplicación, mediante o modelo anexo I (código de procedemento ED550A), Admisión Alumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar:
- No centro educativo de orixe (CEIP Campomaior)
- En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común
- Na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
- Modelo Anexo I en castelán (ED550A)
- Modelo Anexo I en galego ( ED550A)
- Manual de proceso de reserva
Anexo | Tamaño |
---|---|
ED550A-C.pdf | 1.33 MB |
ED550A-G.pdf | 1.33 MB |
manual_familias_reserva.v.02.pdf | 153.81 KB |