Skip to Content

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE XABÓN NATURAL

Hoxe, 8 de maio, o alumnado de 5º de primaria tivemos un interesante obradoiro do programa PONTE A ZERO: ELABORACIÓN DE XABÓN EMPREGANDO ACEITE RECICLADO.

Nesta actividade explicáronnos moitas cousas para poder reducir a contaminación, por exemplo, substituíndo produtos de limpeza comúns por outros máis respetuosos co medio ambiente. Ademais, vimos en directo o proceso a seguir para elaborar xabón natural con aceite usado, auga, sosa, aroma de limón e un chisquiño de colorante alimentario. 

Aquí vos deixo a receita para poder facelo na casa cun adult@

COMECEMOS A UTILIZAR PRODUTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS!

COIDEMOS O PLANETA! 

 



blog | by Dr. Radut