Skip to Content

REGUEIFANDO NO COLE!!

 

Esta mañá tivemos a sorte de contar coa presenza de dous grandes regueifeiros do nosa terra, Lupe e Josinho, que nos achegaron a aula, con moito humor, a arte da improvisación oral en galego.

Comezaron regueifando en forma de diálogo entre eles, con un pouquiño de crítica humorística, e lograron nuns minutos sacar un sorriso de todos nós.

A continuación, explicáronnos a orixe das regueifas, que agora sabemos que están directamente relacionadas cos antigos casamentos. Ademais, aprendemos que en Galiza existen máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos, como o Brindo, as Loias... e tamén outras formas improvisadas que se empregaban no entroido, como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Despois, explicáronnos os pasos que tiñamos que seguir para elaborar una regueifa e, como non, regueifamos coas nosas propias improvisacións.

Premede no vídeo e ollade o ben que o fixemos.

E para que Lupe e Josinho saiban a gran labor que fixeron esta mañá, dedicámoslle esta regueifa improvisada que cantou a nosa compañeira Marina tan pronto saíron pola porta.

 

Dende logo, deixáchedes unha gran pegada no alumnado de 5º

Grazas e ata outra ocasión!!

 



blog | by Dr. Radut