Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto. Desexamos que vos guste... Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar. As grandes vantaxes son moi importantes tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa... Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Publicidade Radio Aarón_Marco_Xiana.mp3 | 1005 KB |
Publicidade Radio Anxo_Raja_Xurxo.mp3 | 1.33 MB |
Publicidade Radio Carla_Martiño_Junior.mp3 | 1.1 MB |
Publicidade Radio Noemi_Pablo_Xoán.mp3 | 877.25 KB |
Publicidade Radio Rodrigo_Adrián_Aarón.mp3 | 1.13 MB |