4º Curso
INGLÉS 4º (do 30 ao 3)
Enviado por admin o Mar, 31/03/2020 - 14:14PROXECTO PALABR-EGAS
Enviado por admin o Mar, 24/03/2020 - 11:30PALABR-EGAS é un proxecto que tiñamos programado para realizar a partir do segundo trimestre do curso, facendo unha investigación e recollida de PALABRas galEGAS de interese especial para nós, pola súa "rareza", sonoridade, significado... Para a súa posterior exposición nun gran panel, con especial conmemoración do Día das Letras Galegas.
RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS
Enviado por admin o Mar, 24/03/2020 - 01:23Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!
INGLÉS (do 23 ao27)
Enviado por admin o Lun, 23/03/2020 - 15:53Seguimos traballando esta semana coa unidade 5. Ánimo! Todo sairá ben!
DEBUXO A MIÑA MELLOR CARA
Enviado por admin o Ven, 20/03/2020 - 11:03Seguindo e combinando os patróns da imaxe crea novas caras. Imos poñer exemplos das "nosas mellores caras" ante esta "situación" que estamos a vivir. Podedes empregar outros modelos e calquera dos materiais e recursos dos que dispoñades na casa. Unha vez creada a imaxe, enviádela ao correo evaotag@gmail.com, antes do mércores 25 de marzo.
DEBUXO COA MANS
Enviado por admin o Ven, 20/03/2020 - 10:15Podedes practicar "debuxo coas mans" como xa fixemos outras veces. Aqui tedes algúns exemplos. A crear ARTISTAS! Usade a vosa imaxinación.
INGLES PRIMEIRA SEMANA 4º
Enviado por admin o Mér, 18/03/2020 - 10:09Repasamos a unidade 5. De momento, aos de 4º vou mandarvos as actividades á páxina web, non á plataforma de EDIXGAL. Se houbera algún cambio xa vos aviso.
No apartado de Actividades - Escolares - Idioma extranxeiro, podedes acceder ao documento onde vos aparecen enlaces a cancións que podedes ver e escoitar para repasar vocabulario xenérico, dun xeito máis divertido.