Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Pódese facer de tres xeitos:

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala na secretaría do centro (pode descargarse no seguinte enlace ou recollelo na secretaría do centro).

- Cubrir a solicitude por internet na aplicación "admisión alumnado" e presentala asinada manualmente na secretaría do centro.

- Cubrir e asinar electrónicamente a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE PARA O CURSO 2024-2025

• Documento acreditativo da idade do alumno/a: libro de familia.

• Certificado oficial do expediente académico no caso de solicitar praza para os cursos de 2º a 6º de Primaria.

 • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.

• De ser o caso, documentación que acredite discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta do alumno/a.

• De ser o caso, informe dos servizos sociais oficiais competentes que acredite situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

 

Outra documentación que debe ser presentada só no caso de que se opoña expresamente (marcado así no impreso de matrícula) á súa consulta por parte da administración pública:

• DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

 • Domicilio fiscal.

• Declaración do imposto sobre a Renda.

 • Título de familia numerosa.

• Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia do alumnado, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás.

 

A solicitude de admisión soamente se poderá presentar nun centro. 

 


LEXISLACIÓN APLICABLE:

 

AnexoTamaño
5. IMPRESO SOLICITUDE GALEGO ED550B.pdf1.31 MB


blog | by Dr. Radut