Skip to Content

Blogues

Listaxe provisional admitidos comedor curso 2024-2025

Estimadas familias

TODO O ALUMNADO QUE REALIZOU A SOLICITUDE PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CURSO 2024 2025 ESTÁ ADMITIDO DE FORMA PROVISIONAL. A listaxe definitiva publicarase a principios de setembro.

 

Axudas de libros, fondo solidario de libros de texto e bonos de material

Estimadas familias

Dende hoxe, martes 21 de maio de 2024 e até o venres 21 de xuño, poderedes solicitar na  seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED330B  a participación no fondo solidario de libros de texto (a partires de 3º de Educación primaria) e axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e con Necesidades Educativas Especiais) e material escolar (de 60 e 75 euros).

Para máis información podedes contactar co centro ou premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

Listaxe admisión alumnado para o novo curso 2024-2025

Xa podedes consultar no taboleiro do centro a listaxe do novo alumnado admitido para o curso 2024-2025.

Importante: Todo o alumnado que realizou solicitude está admitido, excepto as solicitudes para 6º de Educación Primaria. 

O período de matriculación será do 20 ao 30 de xuño. 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Pódese facer de tres xeitos:

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala na secretaría do centro (pode descargarse no seguinte enlace ou recollelo na secretaría do centro).

- Cubrir a solicitude por internet na aplicación "admisión alumnado" e presentala asinada manualmente na secretaría do centro.

- Cubrir e asinar electrónicamente a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE PARA O CURSO 2024-2025

• Documento acreditativo da idade do alumno/a: libro de familia.

• Certificado oficial do expediente académico no caso de solicitar praza para os cursos de 2º a 6º de Primaria.

 • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.

• De ser o caso, documentación que acredite discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta do alumno/a.

• De ser o caso, informe dos servizos sociais oficiais competentes que acredite situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

 

Outra documentación que debe ser presentada só no caso de que se opoña expresamente (marcado así no impreso de matrícula) á súa consulta por parte da administración pública:

• DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

 • Domicilio fiscal.

• Declaración do imposto sobre a Renda.

 • Título de familia numerosa.

• Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia do alumnado, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás.

 

A solicitude de admisión soamente se poderá presentar nun centro. 

 


LEXISLACIÓN APLICABLE:

 

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

Admisión curso 2024-2025

Todas as solicitudes recibidas do centro adscrito CRA A Picaraña foron admitidas. Do mesmo xeito, todo o alumnado de 6º curso de EP que presentou solicitude para o centro adscrito IES Val Do Tea, foi admitido no mesmo. Próximamente publicarase a información referente á admisión do resto do alumnado. 

Vídeo de presentación Xornada de Portas Abertas

Anótate e ven a coñecernos!!

Xornada de portas abertas para o novo curso 2024-2025

Estimadas famlias: 

Aquí tedes a información sobre as xornadas de portas abertas para que poidades coñecer o noso cole. Podedes visualizar un pequeno vídeo premendo neste enlace.

DAMOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

QUERIDAS FAMILIAS:

DE NOVO ESTAMOS AQUÍ. O VINDEIRO LUNS, 11 DE SETEMBRO, ESPERÁMOSVOS NO COLEXIO. TODO O ALUMNADO QUE XA ESTIVO ESCOLARIZADO NO CENTRO ENTRARÁ SOLO POLO PORTALÓN DO XIMNASIO E ESPERARÁ NO PATIO CUBERTO.

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA E O ALUMNADO NOVO ENTRARÁ CARA A SECRETARÍA ÁS 9:15 PARA SER ACOMPAÑADOS/AS POLAS SÚAS TITORAS/ES Á CLASE. 

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL ENTRARÁ ÁS 8:55 COMO O ANO ANTERIOR ACOMPAÑADO DUN ADULTO ÁS SÚAS AULAS.

BENVID@S DE NOVO UN ANO MÁIS AO NOSO CENTRO!!!

Aviso importante para os usuarios do comedor escolar

XA ESTÁ EXPOSTA NO CENTRO O LISTADO DO ALUMNADO ADMITIDO E EN LISTA DE ESPERA DO COMEDOR. AS FAMILIAS DISPOÑEDES DE 5 DÍAS HÁBILES PARA REALIZAR AS RECLAMACIÓNS OPORTUNAS. 

VALES DE LIBROS E MATERIAL

Dende o 5 ata o día 12 de xullo, podedes recoller na secretaría do Centro os vales e cheques de libros e material. Os que non se recollan nestas datas, serán entregados en setembro.

RECTIFICACIÓN DOS LIBROS TEXTO

FACEMOS UNHA RECTIFICACIÓN NOS LIBROS DE TEXTO XA QUE FALTABAN POR POÑER OS LIBROS DE INGLÉS DE 4º E 6º DE PRIMARIA. AQUÍ TEDES O LISTADO CORRIXIDO.

SOLICITUDES DO COMEDOR E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO

O prazo para solicitar praza no servizo de comedor comezará o vindeiro 20 de xuño e rematará o día 30 do mesmo mes coincidindo coa formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro escolar. Todo o alumnado que desexe praza no comedor debe presentar a solicitude na secretaría do centro nestas datas en horario de 9 a 14 horas, incluído o alumnado usuario neste curso escolar 22/23.

Podedes descargar o documento de solicitude de comedor como de formalización de matrícula nesta mesma publicación, así como os criterios a seguir para a admisión no comedor.

NO DOCUMENTO DE COMEDOR FARASE O CÁLCULO COA ÚLTIMA RENTA REALIZADA. GRAZAS. (Hai un erro que pon renta 21)

Formalización de matrícula para novo alumnado: do 20 ao 30 de xuño.

FONDO DE LIBROS 23/24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Podedes obter toda a información relativa a axudas e formas de presentación no seguinte

enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023-2024

 

Todo o alumnado que fixo solicitude para o noso centro ten a praza asignada. Moitas grazas por confiar en nós!

 

 

 

 

PINCHA NA IMAXE PARA TER TODA A INFORMACIÓN

RESERVA DE PLAZA

TODO O ALUMNADO CON RESERVA DE PLAZA NO IES VAL DO TEA FOI ADMITIDO NO CENTRO

PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O NOSO CENTRO

 

VEN  AO BOUZA BREY!!!

CHAMA POR TELÉFONO AO 886110568 OU ESCRÍBENOS A ceip.bouza.brey@edu.xunta.gal E CONCERTAREMOS UNHA VISITA NOS DÍAS 14 E 28 DE FEBREIRO PARA QUE COÑEZAS O NOSO CENTRO. ESPERÁMOSTE!

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

Os festivos locais son o 30 de setembro e o 2 de maio.

 

Axudas do material escolar do Concello

Estimadas familias, desde onte, están publicadas as bases para solicitar as axudas de material escolar que concede o Concello de Ponteareas. Na web do concello podedes acceder ás bases e á solicitude na seguinte ligazón: https://portal.ponteareas.gal/documento/concesion-de-axudas-municipais-de-apoio-ao-estudo-para-o-curso-2023-2024/

O trámite pódese realizar totalmente en liña, sen neceasidade de facelo presencialmente no concello. 

Axudas de material escolar do Concello de Ponteareas

Estimadas familias, dende onte están publicadas as bases para solicitar as axudas correspondentes ao material escolar que concede o Concello de Ponteareas. Na web do concello esta visible o acceso ás bases e a solicitude online. 

Para dito trámite basta con acceder na seguinte ligazón: https://portal.ponteareas.gal/documento/concesion-de-axudas-municipais-de-apoio-ao-estudo-para-o-curso-2023-2024/

Un saúdo!

RESERVA DE PRAZA

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2023-24

             O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Fermín Bouza Brey que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES VAL DO TEA, deberá realizar a reserva de praza.

            O prazo para a presentación das solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 febreiro.

            A normativa que o regula é a seguinte:

            Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.

            ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

- a través da aplicación informática admisión alumnado.

a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

ou ben cubrindo o impreso de solicitude  presentándoo asinado e en prazo na Secretaría do CEIP Fermín Bouza Brey.

 

 A listaxe do alumnado con posto reservado deberá ser publicada o 22 de febreiro no IES VAL DO TEA

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO 2023

 

Postal realizada por Erik Míguez, 4º de Educación Infantil, Paula Estévez de 2º A, Yoel Bello de 3º A e Tea Fernández de 6º B.

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DOS CONSELLOS ESCOLARES 2022

ESTE CURSO DEBEMOS FACER RENOVACIÓN DE CONSELLO ESCOLAR DE NOVO E PARA ISO, DEBEMOS PRIMEIRAMENTE FACER UN SORTEO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL.

Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos) (DOG 9 de agosto)

O SORTEO PÚBLICO FARASE O DÍA 2 DE NOVEMBRO, MÉRCORES ÁS 10:OO HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO POLO QUE CALQUERA PERSOA PODE ASISTIR.

 

PILABOT, RECILAMOS CON RESPONSABILIDADE

HOXE CONTAMOS NO CENTRO CO OBRADOIRO "PILABOT". SOMOS AFORTUNADOS XA QUE SOAMENTE 50 CENTROS ESCOLARES DE TODA GALICIA RECIBEN ESTA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO. ANIMÁMOSVOS A SEGUR TRAENDO PILAS E BATERÍAS AO COLE, TEMOS GANAS DUN PREMIO!!!

 

 

 

      

BENVIDOS E BENVIDAS, ALUMNADO DO CRA PICARAÑA

DAMOS A BENVIDA AO ALUMNADO DO "CRA PICARAÑA" QUE ELEXIU O NOSO CENTRO PARA CURSAR 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA O PRÓXIMO CURSO XA QUE TODOS TEÑEN XA A SÚA PRAZA ASIGNADA POR SER CENTRO ADSCRITO. ESPERÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN!!!

ENTROIDO: ORDES DO MECO

ADMISIÓN DE ALUMNADO

A PARTIRES DO 1 DE MARZO E ATA O DÍA 20 DO MESMO MES PODEDES FACER A PREINSCRIPCIÓN PARA ALUMNOS E ALUMNAS DE NOVA MATRICULACIÓN NO CENTRO ESCOLAR. EN BREVE, COLGAREMOS NA WEB A INFORMACIÓN COA DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA DITO TRÁMITE.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

 

 

QUE DEBEMOS FACER ANTE O COVID NO CENTRO EDUCATIVO?

                                   

Distribuir contido


by Dr. Radut