You are hereDependencias do centro
Dependencias do centro
O edificio está dividido en dúas plantas, nas que se reparten as distintas dependencias necesarias para a práctica educativa. Atopamos os seguintes espacios dependendo da planta.
Planta Baixa:
- Despacho da Dirección.
- Despacho da Secretaría.
- Sala de profesorado.
- Patio de usos múltiples.
- Aula de Educación Infantil.
- Aula 1 de Educación Primaria.
- Aula de psicomotricidade e xogos.
- Comedor escolar.
- Cociña con despensa e cuarto de aseo.
- Cuartos de aseo de alumnado e de profesorado.
- Cuarto de material de limpeza.
Primeira planta:
- Aula 2 de Educación Primaria.
- Aula de Educación Musical e inglés.
- Laboratorio.
- Biblioteca.
- Aula de AL-PT-Orientación.
- Cuartos de aseo de alumnado e de profesorado.
- Salón de actos.
Ademais destes espacios existen outros que na actualidade están sendo empregados polos servicios do Concello de Os Blancos, con permiso da Xefatura Territorial.
A parte exterior do centro destaca pola súa integración coa natureza. Dentro do recinto hai distintas árbores autóctonas como nogueiras, carballos, sabugueiros e un vello e destacable alcipreste. Propias da instalación do centro son unha pista polideportiva ó aire libre, unha zona cuberta con pérgola con zona de xogos e un areeiro para o ciclo de Infantil.