3.- Experimentamos coa enerxía. Facemos unha noria para Nadal.
O alumnado de 5º de primaria, aproveitando a chegada do Nadal , andivemos ás voltas cos diferentes tipos de enerxía.
Para esta actividade precisamos: un motor de 3V, unha pila AA , un interruptor pequeno, luces led, cartón e goma eva.
En primeiro lugar construimos a noria con cartón e goma eva, posteriormente montamos o circuito para facela xirar.
Neste experimento, comprobamos que un conductor polo que circula a enerxía química producida pola pila, transfire unha forza ao motor que fai xirar a noria.
A experiencia consiste nun circuito pechado polo que a enerxía circula por cables , transformándose de enerxía química a enerxía cinética e a enerxía eléctrica.
Aproveitamos para explicar ao alumnado que é a enerxía , tipos de enerxía ( química, lumínica , cinética ) e demostramos dúas das súas propiedades:
1.- A enerxía transfórmase :
- A enerxía química dunha pila transfórmase en enerxía eléctrica e enerxía cinética.
2.- A enerxia transpórtase dun lugar a outro por medio de condutores. Da pila transfírese ao motor e ás luces led.
CONCLUSIÓN: Atopámonos coa dificultade de que o noso carrusel vai a gran velocidade, polo que os bonecos saen voando. Para solventar, decidimos colocar uns bonecos de plastilina, observando que a masa pode influir na potencia.
Álbum: STEAM 23-24 -> 3- Experimentamos coa enerxía. Facemos unha noria para Nadal.