Skip to Content

Secretaría

29 de abril de 2019

Todo o alumnado que solicitou plaza no centro para o curso 2019-20 está admitido.

Vales de libros e material

 

Comunicámosvos que xa están dispoñibles os vales de libros e material. 

Podedes recollelos no centro ata o día 6 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 e senón no mes de setembro.

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar de Educación Infantil

Achéganse as bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar de Educación Infantil para o curso 2017/2017, publicado no BOP nº 273, do martes 28 de novembro. As ditas bases tamén se poden consultar na páxina web do concello, http://www.concellopereiro.com/es/

Os destinatarios destas axudas son nenos e nenas matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en centros públicos ou privados en tramos concertados.

O prazo de presentación é a ta o día 21 de decembro.

Axudas á compra de libros de texto ou material escolar e acceso ao fondo de libros para o curso 2017/2018

Informamos que está aberto ata o vindeiro 23 de xuño o prazo para a PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, E AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Estas axudas son para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA. Podedes recoller as solicitudes na Administración do colexio ou a través da páxina http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros, onde figura toda a información sobre estas axudas.

 

Lista de admitidos para o curso 2017-2018

No documento seguinte pódese consultar o listado de alumnado admitido en 4º de Educación Infantil para o curso 2017-2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut