Queridos nenos e nenas:
Rematou este curso tan atípico e diferente. Houbo moitas cousas que non puidemos facer: excursión, talleres, experiencias, a festa de convivencia, a graduación de 5 años,... Tivemos que deixar de vernos e aprender a comunicarnos doutro xeito pero queremos pensar que o vindeiro curso comenzaremos con maior ilusion e voltemos a estar xuntos.
Grazas polo gran esforzo para traballar dende a casa, a papá e mamá pola súa axuda , grazas polo voso cariño, polos vosos sorrisos e a vosa enerxia.
Bo verán para todos! Vémonos en Setembro! Bicos.
E para rematar o curso os nenos e nenas de 3 anos amosannos a súa creatividade con estas preciosas manualidades con distintos materiais.Bravo nenos e nenas fixestelo xenial, e esforzastesvos moito.Noraboa a tod@s.
Esta semana a profe Elena propuxo de novo elaborar un sinxelo instrumento musical caseiro: un xilófono de vasos. E así de chulísimos foi como quedaron...
As profes de 3 anos propuxeronlle está semana os seus nenos e nenas facer un traballiño con follas.Aqui podes ver unha exposición das suas obras de arte.Os pequechos do cole son unhes auténticos artistas.
Esta semana, aos nenos e nenas de 5 anos, Maria José e Celi prouxemosvos un facer manualidades con materiais de reciclaxe como con cartóns de leite,vasos de iogures, tapóns, botellas, caixas baleiras de conservas., de queixiños... E aqui estan as vosas creativas e espectaculares creación!! Sodes uns e unhas artistas!!
Os nenos e nenas de 3 anos pintaron con garfos e quedaron unhas creacións espectaculares. Sodes uns e unhas gandes artistas!!
Esta semana, as profes de 5 anos Maria José e Celi, propuxémosvos facer correr a vosa imaxinación e elaborar diversas actividades: elaborar un trampantojo, unha merenda saudable, facer figuras con froitas e un bodegón ou collage.
E estas son as vosas orixinais e espectaculares creacións! Encantánnos!!