Skip to Content

HOCKEY NO BENCHOSHEY

Bo día,

A semana pasada tivemos a sorte de traballar coa Federación Ourensana de Hockey nas clases de educación física. A rapazada desfrutou moito do deporte e co monitor que nos acompañou,  JAVI. 

Moitas gracias.

Deixamos unha escolma de fotos da actividade.

Álbum: CURSO 23-24 -> Hockey no bencho

MENÚ NOVEMBRO

PUPAS SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

Bo día ,

O cinco e seis de outubro o alumnado de 3º e 4º de primaria desfrutaron  dun curso de primeiros auxilios impartido por enfermeiras de Atención Primaria Ourense.

Ollade canto aprendimos e qué ben o pasamos!!!!

Gracias ao equipo de Pupas , sustos e outros desgustos.

Álbum: CURSO 23-24 -> PUPAS,SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

MENÚ OCTUBRE

MENÚ SETEMBRO

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2023-2024 DO CONCELLO DO PEREIRO

Bos días,

Deixamos información relacionada coas axudas que, como cada ano, publica o concello de Pereiro de Agiar para a adquisición de libros e/ou material escolar para Educación Infantil para o curso 2023/2024.

De tódolos xeitos, a información volverase a publicar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (https://concellopereiro.sedelectronica.gal/info.0), na web (https://pereiro.gal/), nas distintas redes sociais e no blog da Aula Pirata- Programa Concilia (http://piratasdaauladabaixo.blogspot.com/)

 

Saúdos e moitas gracias

LISTAXES DEFINITIVAS DE LIBROS ( FONDOLIBROS) E MATERIAL.

Xa están publicadas as listaxes definitivas dos libros concedidos do fondolibros ( 3º a 6º de educación Primaria) e vales de libros ( 1º e 2º de Educación Primaria e vales de material ( toda a Educación Primaria ).

Poden consultar estas listaxes na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 988 259 454 en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

FIN DE CURSO SEXTO DE PRIMARIA

Aquí vos deixamos o vídeo que proxectamos o día da graduación en sexto de primaria.  Esperamos que levedes un bo recordo do Bencho.

Felices vacacións !!!!

 

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL

Publicadas as listaxes provisionais das axudas do Fondo  e Vales dos libros e material .

Reclamacións ata o Martes 27 de xuño.

Información e consultas en Secretaría ou no  teléfono do centro, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

LISTADO DE LIBROS CURSO 23-24

Distribuir contido


by Dr. Radut