NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
Procedemento ordinario de admisión do alumnado
Artigo 13. Informacion ao alumnado e ás familias.
«5. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.
«3. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
b) Domicilio fiscal.
c) Renda anual per cápita da unidade familiar.
d) Condición de familia numerosa.
e) Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO ACADÉMICO NOS NIVEIS DE ENSINO AOS QUE SE REFIRA O PROCEDENEMTO DE ADMISIÓN
Etapa |
Curso |
Alumnos |
Educación Infantil |
4º |
44 |
5º |
1 |
6º |
1 |
Educación Primaria
|
1º |
12 |
2º |
22 |
3º |
23 |
4º |
19 |
5º |
18 |
6º |
19 |
PLAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
O prazo estimado na normativa actual para a Solicitude de admisión por parte das familias é do día 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes.
NOTA INFORMATIVA
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun cento, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten resevada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.