Skip to Content

RETOS E.F. VI

Bo día.

Hoxe comezamos con boas novas . Galicia  entra na fase dúas da desescalada pero ... con sentidiño . 

Desde educación física imos baixar o número de retos semanais agora temos mais tempo para xogar fóra da casas.

Esta semana presentamos as seguintes actividades : unha segunda parte de malabares con pelotas , entramos no mundo dos xogos populares e , o terceiro reto , un desafío de Mateo Prol de 3ºB. E mantemos a sección Ti es o protagonista para que enviedes os desafíos.

No reto do mércores vai unha pequena explicación ( pica no +) e dous exemplos de xogos que fixemos na miña casa (pica no 1 e no 2).

A divertirse!!!

Esperamos os vídeos ou fotos dos retos , e de calquera actividade física que fagades, no correo benchoprofes@gmail.com, escribindo no asunto EF.

Moitas grazas.

Un saúdo.

Nancy e Moncho.

#xuntosoestamosconseguindo

 



page | by Dr. Radut