Skip to Content

ME GUSTA MI RÍO, ENSÉÑAME A CUIDARLO

Na data do 4 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, tiveron unha primeira saída o río, organizada dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Fomentando a educación e sensibilización ambiental da poboación, dende a infancia, potenciando o valor ambiental dos ríos e a concienciación sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais.

A localización da saída estivo centrada no río Lonia, na área recreativa de Santa Marta de Moreiras. Unha vez alí, fixeron unha presentación xeral e constituíronse as equipas. Entregáronlle a cada alumno unha mochila co material necesario para o proxecto.

As actividades estiveron separadas en catro estacións de investigación de 35 minutos aproximadamente. No medio de ambas, tivemos un ágape con bica, chocolatada, froita, zume,... a verdade prestóunos moito!

O derradeiro punto foi unha avaliación grupal das actividades, a despedida do grupo e volta para o colexio.

Foi unha gran xornada de traballo de campo.

Parabéns a todos!

Álbum: CURSO 24/25 -> ME GUSTA MI RÍO, ENSÉÑAME A CUIDARLO


album | by Dr. Radut