Aproveitando que en 1ºA estamos traballando as cores e que queremos fomentar a motricidade no noso alumnado decidimos facer unha actividade manipulativa: facer a nosa propia plastilina.
Para realizar a plastilina precisamos un vaso de fariña, medio vaso de sal, 4 medidas dunha culler de aceite, un vaso de auga e colorante alimentario.
Nun bol mezclamos a fariña, o sal, o aceite e a auga e facemos unha masa. Cando teña consistencia facemos unha bola e botámoslle colorante alimentario. Seguimos amasando ata que colla unha cor uniforme.