Skip to Content

Secretaria

documentos de interese

Teléfono COVID

Bo día familias,

xa temos novo número de teléfono COVID: 622.347.862, esperamos non ter que darlle uso Guiño

Un saúdo,

Equipo directivo

Inicio das actividades extraescolares

Bo día familias,

recordamos que mañá 1 de outubro por ser festivo local non hai cole.

A partires do luns comezan as actividades extraescolares (adxuntamos cadro) e servizo de biblioteca de luns a xoves de 16.00 a 18.00h.

Recordade que o servizo de biblioteca está dispoñible para todos aqueles alumnos matriculados en actividades extraescolares.

Calendario escolar

Bo día familias!

Anexamos calendario escolar deste curso,

saúdos!

Equipo directivo

Festivos locais

Bo día familias,

en breve poñeremos un calendario na páxina web. Mentres tanto recordarvos que o vindeiro venres 24 de setembro e venres 1 de outubro non haberá cole por ser, ámbolos dous días, festivos locais.

Un saúdo

Equipo directivo

Comezo de curso

Bo día familias,

comezamos un curso novo con forzas renovadas! Como ben sabedes seguimos convivindo coa pandemia, polo que este curso teremos que manter as medidas preventivas establecidas no protocolo COVID publicado pola Consellería o pasado 1 de setembro.

Non hai grandes cambios de organización con respecto ao curso pasado, polo que non consideramos oportuno citarvos en masa para unha reunión informativa xeral. O que si faremos será este vindeiro martes 14 reunións con todas as familias de Primaria de forma individual para contarvos as novidades e coñecer ás novas titoras.

A continuación repaso algunhas normas COVID, xa en funcionamento o curso pasado, para recordar estes primeiros días:

- Entradas e saídas polas mesmas portas:

Infantil, entrada principal (se algún peque ven acompañado co seu irmán/á poderán entrar xuntos).

1º, 2º e 3º de EP. Primeira porta lateral traseira.

4º, 5º e 6º de EP. Segunda porta lateral traseira.

O alumnado de Primaria que non use transporte escolar será entregado as súas familias na porta principal.

Por favor intentade non formar aglomeracións na porta de entrada.

- Máscara de reposto. Tódolos nenos/as deberán traer polo menos unha máscara de reposto na mochila. A maioría das veces fan o cambio despois do recreo ou de Educación Física.Selado

- Botella de auga. Deberá ter cada un a súa, etiquetada.

- Toallas, 1 por día (con nome para evitar perdelas).

- O uso de zapatillas/calzado cómodo será decidido polo titor/a do voso curso. Seredes informado delo nas reunións da vindeira semana ou a través dun tokapp do/a profe.

- Muda. É importante que teñan no centro unha muda, sobre todo en época de choiva pois ás veces aterrizan nos charcos.

 

Ata aquí os básicos dos primeiros días, o martes poderemos atender as dúbidas que podan xurdir, e se hai algunha cousa que teñades présa por comentarnos non dubidedes en chamarnos ou falar mañá con nós, coma sempre estaremos encantadas de atendervos Sorriso

 

Horarios reunións martes 14:

16.15 h --> reunión 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

17.00 h --> reunión de 1º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Cada reunión desenvolverase na aula que lle corresponda.

 

 

*** Perdoade, equivoqueime nos horarios das reunións, agora están ben!!!

 

Un saúdo e feliz comezo de curso

Equipo directivo

 

Libros de texto

Bo día,

axuntamos listado de libros de texto de cara ao vindeiro curso,

un saúdo

Equipo directivo

 

Listado provisional fondo solidario libros de texto

Queridas familias,

mañá enviaremos por tokapp a resolución provisional do fondo solidario de libros de texto. Pasado o prazo de posibles reclamacións enviaremos a definitiva,

Un saúdo

Equipo directivo

Horario de atención

Bo día familias,

a partir de mañá, día 23 de xuño, o horario de atención a familias será de 10:00 a 13:00h,

Un saúdo

Equipo directivo

LIstado fondo solidario libros de texto

Bo día familias,

por motivos de prazos administrativos temos que retrasar a publicación da listaxe provisional ata o día 23 de xuño.

un saúdo

Equipo Directivo

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar

Bo día familias,

hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. Axuntamos nota informativa cos prazos.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut