Skip to Content

Secretaria

documentos de interese

Folga de transporte

Bo día familias,

mañá hai convocada folga de transporte que, segundo publica hoxe o DOG, afecta as nosas liñas de autobús.

Acábanos de comunicar a empresa de transporte que non poden garantir a realización do servizo para mañá.

Saúdos

Equipo directivo

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o pasado día 16 de xaneiro de 2023 comezaron os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. No noso caso o centro adscrito é o CPI Cova Terreña.

 

O prazo de solicitude abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Magosto

Bo día familias,

Retomamos vida normalizada! Este venres 14 festexaremos o Magosto en Chan da Lagoa.

O alumnado de Infantil e 1º subirán en bus e sairán ás 10.00h da mañá. De 2º a 6º de Primaria irán camiñando, saíndo ás 09.30 do centro.

O xoves cada nenx deberá traer ao cole un puñado de castañas xa picadas que iremos xuntando para subir o venres ao monte.

Será un día moi especial!

Xa de paso recordamos que mañá non haberá cole, vémonos o xoves!

 

 

Luns 26 de setembro. Festivo local

Lista de libros definitiva curso 2022/2023

Bo día familias,

adxuntamos listado de libros definitiva para o vindeiro curso.

CEIP Plurilingüe de Belesar

Hai familias que veñen de visita estes días e sorpréndennos cando nos contan que non sabían que en Belesar había un cole...e ti, sabes de nós?

Aquí, en Belesar, rodeados dunha contorna privilexiada, con profes implicados, multitude de proxectos interesantes...estamos desexando coñecerte!

 

Actualización protocolo COVID (4/3/22)

Bo día familias,

adxtuntamos infografía coas actualizacións do novo protocolo COVID,

Saúdos,

Equipo directivo

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut