FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
De acordo coa Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018-2019, abriu o prazo de presentación de solicitudes, que poderá ser:
-
Preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), cubrindo o formulario na aplicación Fondolibros.
-
Ou presencialmente no colexio ou en calquera rexistro.
PRAZO: ATA O 22 de XUÑO
A documentación necesaria a entregar:
-
Solicitude (Anexo I) e Anexo II debidamente cuberta e asinada polos pais ou/e nais.
-
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
-
Certificado de grao de discapacidade, de ser o caso.
-
Documentación xustificativa no caso de situación de violencia de xénero.
-
Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou inhabilitada.
-
Certificado de convivencia, no caso de proxenitores sen DNI ou NIE.
No caso de denegar a comprobación telemática dos datos, será preciso adxuntar a información requirida na solicitude.
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases da convocatoria e o tratamento dos datos de carácter persoal conforme á lexislación vixente.
Requisitos e obrigas
-
Devolver os libros de texto do curso 2017-2018 antes do 22 de xuño. Exclúese 1º e 2º de EP.
-
Conservar en bo estadoos librosde texto e o material reutilizable adquirido coas axudas no curso escolar 2018-2019.
-
Destinar os vales que se vos entreguen para adquirir os libros de texto e material escolar.
-
Non superar o límite de renda per cápita de 9.000€
-
Enmendar, de ser o caso, os erros detectados na solicitude ou achegar a documentación que falte no prazo establecido.
Contía das axudas para Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e ESO.
-
Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: 6 libros.
-
Alumnado con renda per cápita entre 5.400 e 9.000€: 4 libros.
Contía das axudas para Alumnado de 1º e 2º de Primaria
-
Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: correspóndenlle 170€
-
Alumnado con renda per cápita entre 5.400€ a 9.000€: correspóndenlle 90€
Axudas para adquisición de material escolar para alumnado de Primaria e ESO.
Renda per cápita igual ou inferior a 5.400€. Axuda de 50€.
Para calquera outra dúbida podedes consultar a Orde antes citada ou pórvos en contacto co centro.
Un saúdo, A Responsable de centro