Skip to Content

Novas

18 de decembro. Día Internacional do Migrante

Ao longo da historia da humanidade, a migración foi unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e buscar unha vida mellor.

 

Na actualidade, a globalización, xunto cos avances nas comunicacións e o transporte, incrementou en gran medida o número de persoas que teñen o desexo e a capacidade de mudarse a outros lugares.

 

Esta nova era creou retos e oportunidades para sociedades en todo o mundo. Tamén serviu para subliñar o vínculo que hai entre migración e desenvolvemento, así como as oportunidades que ofrece para o  codesenvolvemento, é dicir, para a mellora concertada das condicións económicas e sociais tanto no lugar de orixe como no de destino. 

Día Internacional do Migrante

"Todos os  migrantes teñen dereito a igual protección de todos os seus dereitos humanos. Neste Día Internacional, insto os líderes e ás persoas de todo o mundo a que dean vida ao Pacto Mundial, para que a migración funcione para todos."

Antonio Guterres (Secretario Xeral da ONU)

 

Queres coñecer historias reais? fai clic na imaxe que segue:

 

Día Internacional do Migrante

 Tamén podes ver este vídeo para entender mellor toda esta cuestión:

 

Que non ten enganen con falsas ideas

Que non te enganen con falsas ideas

O alumnado de 4º de EP vén de realizar no noso centro, da man da entidade Aquelar, unha actividade de igualdade centrada na eliminación de falsas creencias sobre os xoguetes. O alumnado elaborou un decálogo de boas prácticas e chapas en relación con ese temática para poñer en marcha, no centro e na Comunidade Educativa, unha pequena campaña de concienciación na que todas e todos debemos ser partícipes: alumnado, profesorado e familias.

(clic na imaxe para acceder ao decálogo)

Que non te enganen con falsas ideas

Ao longo das vindeiras xornadas as persoas participantes repartirán unha chapa e un decálogo para cada membro do alumnado do centro.

O obxectivo da actividade, ademais de facer conscientes e partícipes a todas as persoas da importancia da eliminación de falsas ideas en relación á elección sexista dos xoguetes, foi tamén conseguir que o alumnado pasara á acción cos seus iguais, co profesorado e coas súas propias familias. 

(clic na imaxe para acceder á galería da xornada)

Que non te enganen con falsas ideas 

10 de decembro. Día dos Dereitos Humanos

Día dos Dereitos Humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos  inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Clic na imaxe para ver o documento orixinal 

 

Día dos Dereitos Humanos

 Aprende máis con este vídeo

 

 Clic na imaxe para ver unha versión ilustrada os dereitos.

Día dos Dereitos Humanos

 

Para máis información clic na imaxe para acceder á páxina da ONU 

ONU Dereitos Humanos

 

Día Internacional das Persoas Voluntarias

Día Internacional das Persoas Voluntarias

Cada 5 de decembro celébrase o Día Internacional Das Persoas Voluntarias.

(clic na imaxe para acceder á páxina das Nacións Unidas)

 

Día Internacional das Persoas Voluntarias

Este día supón unha oportunidade única para agradecer todos os esforzos realizados polas persoas voluntarias e as súas organizacións, así como promover os seus valores e dar a coñecer os logros que conseguen nas súas comunidades, xa sexa a través de organizacións non gobernamentais (Ong), axencias das Nacións Unidas, organismos gobernamentais ou o sector privado. 

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

 

O que significa ser unha persoa con diversidade funcional.

 

A diversidade funcional é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a diversidade funcional sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

Os seguintes vídeos poden axudar ao alumnado a comprender o que é ser unha persoa con diversidade funcional:

   

 

As persoas con diversidade funcional, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer ás persoas con diversidade funcional.

 

Ademais, corren máis perigo de ser vítimas da violencia:

 

  • As nenas e nenos con diversidade funcional teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos.
  • As persoas adultas con algún tipo diversidade funcional teñen 1,5 veces máis posibilidades de sufrir violencia.
  • Os adultos con problemas mentais teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas da violencia.

 

A ignorancia é en gran parte responsable da  estigmatización e a discriminación que padecen as persoas con diversidade funcional.

 

Unha sociedade é madura e responsable se é quen de incluír a todos os seus membros. Se non é outra cousa.

 

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Podes ter máis información sobre este día na páxina das Nacións Unidas, fai clic na imaxe para acceder.  

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Non deixes de ver algún destes vídeos para darte conta de que ser unha persoa con diversidade funcional non implica ter menos capacidades que ninguén, só os fai diversos e diferentes e en moitas ocasións tremendamente especiais. Non esquezades que as todas as persoas somos funcionalmente diversas.

25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25 N

 

Hoxe no noso centro foi un día de lembranzas. O alumnado colocou no mural as noticias recollidas coas súas familias sobre mulleres vítimas dunha das grandes lacras da sociedade, a violencia contra a muller. 

25 N

Non deixe de ver a galería de imaxes da construción do noso mural

(clic na imaxe para acceder á galería)

25 N

 

Por que debemos eliminar a violencia contra a muller?

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os  perpetradores, e o silencio, a  estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

 

Non deixes de ver o vídeo que segue facendo clic na imaxe así como outras animacións con datos destacables sobre este día. Vídeo 25N

En forma xeral, a violencia maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica e inclúe:

 

1.- Violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, malos tratos psicolóxicos, violación conxugal,  femicidio).

 

2.- Violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, espreita, acoso na rúa, acoso  cibernético).

 

3.- Trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual).

 

4.- Mutilación xenital.

 

5.- Matrimonio infantil.

 

Accede á páxina da ONU facendo clic na imaxe que segue.

25 N

 

No es no

Podes ver máis material para traballar a igualdade neste apartado da nosa web.

 (texto traducido ao galego da páxina da ONU)

Día Universal da Infancia

Día Universal da Infancia

Día Universal da Infancia

O Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

Esta presentación, que contén os dereitos e vídeos musicais, pode axudar a súa mellor comprensión.

 

 

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.  

 

Non te perdas esta guía sobre os dereitos da infancia 

dereitos

Por desgraza non toda a infancia desfruta dos mesmos dereitos ao longo e ancho do noso planeta. Non deixedes de revisar este mapa para ser conscientes da súa distribución.

(clic na imaxe para descargar)

Dereitos da infancia

 

Este Día Universal é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos e nenas máis vulnerables.

 

Dende o noso centro queremos lembrar os dereitos, podes descargalos aquí.

Día Internacional do Home

Día Internacional do Home

Por que se celebra o Día Internacional do Home?

En novembro de 2009 ratificáronse entre outros 4 piares básicos do Día Internacional do Home, co obxectivo de que servisen de base a futuras entidades ou persoas que quixesen celebralo. Pódense resumir nos seguintes:

1.- Promover modelos masculinos positivos e máis normalizados. Moitas veces parece que o home se mira en modelos estrela do cinema, deportistas de gran fama, cando a realidade é que predomina un home da vida cotiá traballador cunha vida digna e honrada.

2.- Celebrar as contribucións do home á sociedade, á familia, ao coidado dos fillos e do medioambiente.

3.- Facer fincapé na saúde e o benestar dos homes, tanto física como nos planos espiritual e emocional.

 

Día Internacional do Home

 

4.- Mellorar as relacións de xénero e promover a igualdade de xénero.

 

Día Internacional do Home

 

Día Mundial da Diabetes

Día Mundial da Diabetes

O Día Mundial da Diabetes creouse en 1991 como medio para aumentar a concienciación global sobre a diabetes. É unha oportunidade perfecta para dirixir a atención do público cara ás causas, síntomas, complicacións e tratamento desta grave afección, que se atopa en constante aumento en todo o mundo.

 

Día Mundial da Diabetes

 

 

Que é o Día Mundial da Diabetes?

 

O Día Mundial da Diabetes (DMD) é a campaña de concienciación sobre a diabetes máis importante do mundo. Foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes (FID) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1991, como resposta ao alarmante aumento dos casos de diabetes no mundo. En 2007, Nacións Unidas celebrou por primeira vez este día tras a aprobación da Resolución en decembro de 2006 do Día Mundial da Diabetes, o que converteu ao xa existente Día Mundial da Diabetes nun día oficial da saúde da ONU.

 Día Mundial da Diabetes

O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade. O Día Mundial da Diabetes lémbranos que a incidencia desta grave afección atópase en aumento e continuará esta tendencia a non ser que emprendamos accións desde agora para previr este enorme crecemento.

 

 Cando se celebra?

 

O Día Mundial da Diabetes celébrase cada ano o 14 de novembro. Escolleuse esta data sendo o aniversario de  Frederick  Banting quen, xunto con Charles  Best, concibiu a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina, en outubro de 1921. Mentres moitos eventos desenvólvense durante ou ao redor dese día, a campaña desenvólvese ao longo de todo o ano.

 

Queres saber máis?

 

 

Día Munidal da Obesidade

Día Munidal da Obesidade

Cada 12 de novembro celébrase en todo o planeta o Día Mundial contra a Obesidade.

Segundo datos da mesma Organización Mundial da Saúde (OMS), a obesidade alcanzou proporcións  epidémicas a nivel mundial. É máis, estímase que desde 1975 esta enfermidade triplicouse, logrando que en 2016, 1900 millóns de adultos a padecen así como 340 millóns de nenos, nenas e adolescentes.

Se queres coñecer 10 datos sobre a obesidade pincha na imaxe que segue:

Día Munidal da Obesidade

Como celebrar o Día Mundial da Obesidade?

 

Poderías asistir a algún evento deportivo, aprender receitas de comida moito máis saudable ou crear unha rutina diaria de adestramento que che poida beneficiar durante a semana.

Tamén, podes motivar a outros a ter un estilo de vida moito máis san, subindo fotos nas túas redes sociais acompañadas de mensaxes que lles motiven a seguir polo camiño saudable e acompañadas do  hashtag #DiaMundialdelaObesidad.

Distribuir contido


by Dr. Radut