Skip to Content


Dende o equipo da Biblioteca ademais de desexarvos unhas felices festas, deixámosvos unhas recomendacións de libros para tódalas idades por si vos poden axudar nos encargos navideños.

 



 

Xa imos na oitava edición da Semana da Poesía do CEIP Barrié de la Maza. Neste curso, coma sempre, integrada no proxecto interdisciplinar da Biblioteca Escolar e en coordinación moi estreita co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Polo tanto o tema tiña que ter relación directa con algún aspecto que se relacionara coa volta ao mundo en 80 accións. Neste caso concreto decidimos centrar o certame na Emigración e Inmigración. Realidade coñecida e experimentada ben de preto polos nosos alumnos que conviven nun entorno moi relacionado coa emigración.

Así tamén atopamos moitas referencias a este tema na poesía galega. A continuación podedes ver diferentes vídeos da celebración da VIII Semana da Poesía.

En primeiro lugar un vídeo que resume o acto de entrega de premios do certame de poesía, a participación da nosa veciña e poetisa Regina Muñiz Gerpe, e para despedir unha pequena mostra da poesía galega relacionada coa emigración: Rosalía de Castro Manuel María Curros Enriquez Pepe de Xan Baña, autor tamén do noso concello.

  

A continuación o vídeo no que os máis pequenos de primaria escolleron un bonito poema dunha autora do noso concello: "Se me vou lonxe" de Regina Muñiz Gerpe.

 E, xa para rematar, podemos ver o vídeo no que participa o alumnado de Ed. Infantil recitando un poema de Gloria Fuertes.

 

 

Agardamos que vos guste o resultado final!



No noso centro celebramos unha nova edición da Semana da Poesía. As equipas de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do centro organizaron novamente unha semana para a promoción da lectura e a creación de poesía. Celebrouse un certame literario que neste ano quixemos relacionalo coa proposta do PLAMBE de integrar as matemáticas na Biblioteca Escolar. Así, no certame, propúxose a realización de poesía matemática. Premiouse unha producción por aula e, con estas e outras de autores como Maria Mariño, Eduardo Blanco Amor ou Luis Pimentel, organizouse o acto que podedes ver no vídeo que incluímos aquí, ademais dun bonito vídeo que nos prepararon os nenos de Educación Infantil sobre o poema: UN TREN DE NÚMEROS.

 



Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

 

A Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, no seu artigo 1.1 define a violencia de xénero como aquela que, “como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, exércese sobre estas por parte de quen sexan ou foran o seus cónxuxes ou de quen estean ou estiveran ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia” e “comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria da liberdade”.

 

Desde o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos propoñervos unha serie de recursos para traballar esta conmemoración.

 

Dunha banda, ofrecemos esta guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller durante todo o mes de novembro.

 

Guía didáctica para traballar a eliminación da violencia contra a muller

 

Na última páxina desta guía didáctica recóllese un enlace para accedera máis recursos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aos cales podedes acceder tamén facendo clic na seguinte imaxe.

 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

 

Finalmente, desde o Equipo de Biblioteca Escolar propoñemos unhas lecturas adecuadas aos distintos niveis educativos para traballar esta temática, ás cales podedes acceder facendo clic na imaxe seguinte.

 

Enlace á web da biblioteca escolar



 Como buscar no catálogo da biblioteca?

 

Facendo clic AQUÍ accederedes á sección do catálogo

de libros do blog do Bibliorrato Xalleiro.

 

Aquí atoparedes un vídeo onde se explica paso a paso

como buscar un libro na biblioteca escolar do CEIP

Plurilingüe Barrié de la Maza. 



 Samaín no Barrié 20_21

Este ano é diferente aos anteriores. Non podemos poñer caixas misteriosas polos corredores para descubrir a cegas o que hai no seu interior, non podemos colgar adornos polos corredores creando un ambiente terrorífico, non podemos ir polas clases dando sustos nin reunirnos todos xuntos para ver unha película no ximnasio ou na Biblioteca. Pero si podemos seguir celebrando a festa do Samaín doutras formas. Por iso, desde aquí queremos facilitarvos unha chea de recursos que estivemos preparando para que sigamos disfrutando desta festa.

 

Dunha banda, no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega atoparedes os seguintes recursos:

  • Podcasts de Samaín: aquí atoparedes as historias de medo contadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, ás cales poderedes acceder a partir do venres 30, despois da súa primeira emisión en directo ás 11:40 horas a través da emisora da nosa radio escolar: Barrié nas Ondas

 

  • Curtametraxes de medo: recóllense nesta sección diversas propostas de curtas para proxectar nas aulas o día 30 pola tarde. O profesorado escollerá unha curtametraxe ou varias, mais na casa podedes ver todas con máis tempo.

 

  • Recursos de Samaín: nesta sección podedes acceder a unha presentación de Genially cunha chea de recursos para traballar o Samaín (cancións, contos, manualidades, receitas, unidades didácticas, etc.).

 

 Facendo clic na imaxe podes acceder a todos estos recursos:

 

Samaín no Barrié

 

 

Doutra banda, desde o blog do Bibliorrato (da Biblioteca Escolar), podedes acceder ás recomendacións de lecturas con temática da festa do Samaín que vos propoñemos desde o Equipo de Biblioteca Escolar.

Fai clic na imaxe para descubrir todos os títulos!

 

Recomendacións de lecturas

 

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos desexarvos un

FELIZ SAMAÍN!



Este 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e dado que este ano non se poden levar a cabo moitas das actividades que se estaban a desenvolver, estamos preparando novidades no blog do Bibliorrato para ofrecervos moitos recursos.

 

Así, queremos celebrar este día estreando dúas seccións do blog:

 

Unha delas é o catálogo da Biblioteca. Dunha banda pódese consultar no proxecto MEIGA todos os fondos da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Doutra banda, contamos tamén cun catálogo máis visual segundo a temática, que iremos actualizando pouquiño a pouco.

Podes consultar o catálogo facendo clic AQUÍ.

 

Outra das seccións novas é QUE PODO LER? Nesta recóllense recomendacións semanais de libros que se atopan na biblioteca. Unhas semanas serán máis adecuados para os máis pequenos e outras para os máis maiores.

AQUÍ podes atopar cada semana unha nova recomendación.

 

Que podo ler?

 

Ademais, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar para compartir con vós a exposición da Biblioteca sobre a temática do Samaín. Podedes consultar estes fondos a través do blog do Bibliorrato facendo clic AQUÍ.

 

Samaín no Barrié



 

Día da biblioteca

O noso alumnado despexou todas as dúbidas. O misterio que se estaba tramando no CEIP Barrié de la Maza era que a biblioteca do centro estaba a piques de abrir. Ao longo dos días pasados todo o alumnado estivo investigando este gran misterio. Por fin está resolto! Hoxe 24 de outubro celebramos o Día internacional das Bibliotecas.

Día da biblioteca



A nosa Equipa de Biblioteca fai unha gran labor de promoción da lectura. Podedes ver os traballos que se realizan se pinchades na imaxe para acceder ao Blog.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut