Skip to Content

Enquisa convivencia familias

enquisa convivencia familaias 

 

 Prezadas familias,

 

 

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continua do clima escolar. Así, co obxectivo de seguir avanzando, desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades estase a colaborar co Ministerio de Educación e Formación Profesional para levar cabo un Estudo Estatal sobre a Convivencia Escolar en Educación Primaria.

Este estudo ten por finalidade coñecer a opinión da comunidade educativa en relación á convivencia nos centros e permitirá, a través da análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras dun xeito global e integrador. Por este motivo, agradecemos moito a súa colaboración nesta investigación de carácter estatal.

O cuestionario permanecerá aberto do 24 de outubro ao 11 de novembro (ambos os dous incluídos), e para poder participar e expresar a súa opinión debe ter á súa disposición os seguintes datos de acceso:

 

Nome docentro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza

 

Código de centro: 15015238

 

Código postal: 15840

 

Acceso ao cuestionario (ligazón web):

 

https://ww2.online-encuesta.com/respondent/esnst/109fa6c3-0852-415e-ae54-efbbd209dacc

 

O cuestionario é anónimo e individual, poderase cubrir desde calquera dispositivo electrónico e deberase completar de xeito ininterrompido. Pódese responder unha única vez ou dúas,en función das preferencias e características de cada familia.

 

Un cordial saúdo

A directora

         

 

  



page | by Dr. Radut