Skip to Content

Colaboración Comedor escolar curso 2022-23

Colaboración Comedor escolar curso 2022-23

Todas as familias interesadas en participar na colaboración de atención ao alumnado no comedor escolar para o vindeiro curso, poden achegarse á secretaría do centro para cubrir a solicitude de colaboración.

O prazo permanecerá aberto ata o 7 de setembropodendo abrirse un novo prazo ata o 22 de decembro.

Coa solicitude acompañarase unha acreditación de non ter sido condenadas/os por delitos sexuais "certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais".

 

Atención ao público de 10:00 a 13:00h na Secretaría do Centro ata o 8 xullo sen cita previa e a partir do 9 con cita previa no número 642 37 46 55.

Máis información na: Instrución 2/2022

funcionamento comedor 22-23



page | by Dr. Radut