Skip to Content

Información equipos EDIXGAL para o verán

Información equipos EDIXGAL no verán

Moi boas familias, traemos boas novas! o alumnado de 5º de EP poderá conservar os equipos de EDIXGAL durante todo verán se así o desexan. 


Pola contra, o alumnado de 6º de EP deberá devolvelo para continuar a súa andaina cara a secundaria.

 

O alumnado de 5º que non queira facerse cargo do equipo no verán ou teña que devolvelo por ser alumnado de 6º, deberá entregar o equipo o venres 17 de xuño xunto con dúas follas iguais, que deben vir asinadas por vós. Devolveremos unha delas con selo do centro e sinatura de dirección como resgardo da entrega entre os días 20 a 22 de xuño. 

Lembramos que podedes tramitar un seguro opcional para o portatil

(clic na imaxe para descargar o documento)

 seguro



page | by Dr. Radut