Queridas familias hoxe foi un día de alegría para o alumnado de 5º e 6º de EP do centro porque recibiu os equipos de EDIXGAL. O obxectivo e que os carguen na casa e teñan un primeiro contacto con eles e os vaian descubrindo na fin de semana. Ao longo da semana próxima recibirán as súas credenciais de acceso á plataforma EVA e a súa primeira formación.
É moi importante que consultedes o documento seguinte sobre todo no que se refire á información sobre o seguro non obrigatorio pero recomendable para os equipos.
(clic na imaxe para descargar)
Se aínda non o fixeches consulta tamén o folleto informativo para familias que ten información de interese.
Deixamos por último aquí unha imaxe da información que hai nese documento no tocante ao seguro.
Antes as dúbidas sobre o seguro e realizada consulta a EDIXGAL, informaron que tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:
https://coberturasir.plexus.es/
PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL
Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.
Pedirán certos datos que hai no equipo como:
- Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
- Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
- Modelo: os nosos equipos son Lenovo.